Ola boas, chámome Fran, son estudante, e a veces hai cousas que teño que expresar dalgunha forma. Habitualmente escribo sobre os meus pensamentos e diversas ideas que me rondan a mente.
A idea de formar un blog xa rondaba a miña cabeza dende fai un ano, pero non foi ata hoxe, 21 de Decembro de 2015 cando decidín que xa o necesitaba.
Así que nada, benvido a este pozo onde tratarei de tirar as miñas ideas, esperando que alguén poida lelas e sacar algún tipo de conclusión, eu que sei. Ás veces é necesario expresar dalgunha forma o que pensas, para iso existe o arte.
En fin, que benvido/a e disfruta, se es capaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario