jueves, 12 de abril de 2018

CXVII

Teño na miña carteira un carné que me acredita como donante de órganos, o cal significa que, si morro nun hospital, baixo certas condicións, se poderán aproveitar os meus órganos para alguén que os poida necesitar. Ese carné costoume 0€, e cubrir un formulario por internet. Sinceramente, non me colle na cabeza que haxa alguén que non queira que os seus órganos poidan ser trasplantados a alguén que o necesite. A excusa para esto é "uy, es que me da mal rollo que hagan eso con mi cuerpo", cando esas cousas fanchas despois de morrer, co cual nin te enteras.
Pero o que quero comentar é que parece haber unha especie de consenso en que o mundo está indo a peor etc etc
Pero moita xente que di esto, tampouco fai nada por evitalo. Un ejemplo:
Cando unha persona se pega unha hostia na calle, hai tres tipos de personas: As que corren a axudar, as que se quedan mirando, e as que se rin. Sobre estas últimas sobran os comentarios.
O tema é que parece que estamos demasiado acostumbrados a esperar a que alguén faga as cousas, en vez de tomar nós a iniciativa. "Para que vou donar órganos, se xa hai xente que o fai?" Si tanto traballo che parece cubrir un formulario por internet, o que eres é un egoísta.
Cando somos testigos de barbaridades, e non facemos nada por evitalas, convertímonos en cómplices.
Se ves a alguén discriminar a unha persona por ser diferente, non te quedes calado, mostra o teu rechazo a algo así.
Cando vexas a un profesor faltarlle ao respeto a alguén, actúa. Calando o único que fas é permitir que poida seguir facéndoo.
Se ves a dous borrachos acosar a dúas mulleres pola rúa, fai algo. Intenta distraelos, chama á policía ou o que sea, pero non te quedes quieto. Esas cousas nunca acaban ben.
Non che estou pedindo que recibas un disparo por ninguén, nin que recibas un puñetazo intentando separar unha pela. Estouche pedindo que, se podes, intentes facer deste mundo un lugar mellor.
Quedando quietos e calados sólo facemos que as cousas sigan igual ou vaian a peor.
Cando foi a última vez que fixestes algo por lograr un mundo mellor?
Non te quedes aí. Levanta.

viernes, 6 de abril de 2018

CXVI

Miña nai é unha mafiosa da calceta:

Pois resulta que a miña nai lle mola calcetar. Esto tampouco é nada demoledor en absoluto, porque moitas señoras de mediana edad comparten este marabilloso hobby. O tema está en que, ante a falta de esperanzas de que eu lle traia un neto a este mundo, miña nai vese obligada a calcetar para bebés de outras personas. Desta forma, cada vez que algunha persona conocida engendra un ser humano, miña nai faille roupa de bebé a calceta. Roupa pola que nunca pide nin acepta nin un solo euro.
E aquí empeza o intrincado, xa que a ética desta xente impídelles deixar un traballo artesanal tan minucioso sin recompensar, co cal colman a miña nai de regalos.
Así ao chiste, hai xente que lle debe favores a miña nai por calcetar. Joder, miña nai é unha mafiosa da calceta!
Entonces pasoume pola mente a idea de contratar varias calcetadoras, que lle fagan favores calcetando a xente conocida, de forma que a xente me acabe debendo favores. E así, a pesar de ser un mafioso (non confundir con @romanofdezm ) poderei ser rico e querido por todos.
Pero despois dinme conta de que un señor chamado Amancio Ortega xa o fixera antes, así que seguirei co plan da ingeniería.

CXV

Hoxe en día parece que necesitamos poñerlle etiquetas a todo. Especialmente ás personas.
Blanco, negro, guapa, gorda, delgada, tonto, lista, único...
Pero moitas veces limitámonos a ver sólo as etiquetas que lle poñemos á xente, e non nos paramos a ver se esas personas son algo máis que as etiquetas lle poñemos. Un ejemplo:
A min encántanme o metalcore, o hardcore, e demáis música que moitos/as etiquetan como "ruído". Ben, pois Bubi ten enriba a etiqueta de que é un hardcoreta, e como tal, Bubi sólo escoita hardcore e música ruidosa. E claro, un día poño unha historia na que se ve que estou escoitando La Oreja de Van Gogh, e todo cristo perde a cabeza, e me pregunta xente que me está pasando bla bla, cando quen me conoce ben, sabe que me gusta ese grupo, como tamén me gustan bastantes estilos de música que se diferencian moito do hardcore.
E así con todo, faste a idea de que unha persona é como ti pensas que é debido a unha serie de etiquetas, e non te interesas por saber como é en realidad. E admito que eu en moitas ocasións son o primeiro en poñer esas etiquetas, pero prométoche que me encanta cando me demostran que me equivocaba respecto a como é unha persona.
Estou seguro de que algunhas personas que van ler este texto me teñen a etiqueta de "Bubi" e non saben como me chamo. Triste, pero comprobado que é certo.
Deberíamos olvidarnos de ver sólo a superficie da xente, e tratar de mirar máis alá do que parecen ser as personas.
Párate a pensar en cantas personas te estás perdendo por terlles unha etiqueta que che quite as ganas de saber máis sobre elas.
Cantas personas te estás perdendo.

CXIV

Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos.
En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea porque os rechazamos, porque non estarían ben vistos etc
Pero pese a todo, por moito que o intentemos, sempre haberá algún detalle que nos delate. Unha cara de asco, un abrazo demasiado largo, un corazón latindo moi rápido etc.
Hai un dito japonés que di que todos temos tres caras:
Aquela que lle enseñamos a todo o mundo, que di quen aparentamos ser.
Aquela que lle enseñamos ás personas cercanas a nós, que di quen queremos ser.
E, por último, aquela que non lle enseñamos a nadie, que di quenes somos realmente.
Por moito que intentemos ocultar quenes somos e que sentimos de verdade, si alguén nos presta a atención suficiente, darase conta de cal é a verdade. Conoceranos de verdade.
Así que quédate con quenes che miren de cerca e vexan máis alá de quen pretendes ser.
Quédate con aqueles aos que non lles importe que mires máis alá deles, porque non teñen nada que ocultar.
Así que a próxima vez que vexas a alguén, pensa en que cara lle ques enseñar, pero recorda que, tarde ou temprano, os sentimentos falarán por si solos.
PD: Eu vou por aí fardando de que escribo ben, pero son incapaz de escribir un texto sin que esté plagado de castelanismos.

CXIII

Recordar a veces resulta jodido. Podes poñerte a recordar bos momentos, pero a veces recordar bos tempos faiche pensar que os que estás vivindo son peores, e que antes solías ser máis feliz.
Pero un mecanismo da nosa mente encárgase de facernos olvidar os malos momentos, ou polo menos non telos tanto en conta coma os bos. Desta forma, co paso do tempo recordamos con máis nostalgia vivencias anteriores, sin ter en conta o malo (pa' fuera lo malo xd). Entonces, si hai veces que sufrimos recordando bos tempos, por que non recordamos os malos?
Por que en vez de recordar cando fostes feliz, cando non querías estar en ningunha parte máis que onde estabas, non te pos a recordar cando as pasastes putas por cousas que no seu momento che atormentaban, e ahora non che importan?
Por que non pensar que, habendo bos e malos recordos, non resulte tan simple saber si estabas mellor antes ou ahora?
De todos modos, está ben deixar a un lado eses recordos que solo traen desgracias, e pensar que, por moito que as cousas sean diferentes, seguimos adiante, facéndoo o mellor que podemos.
E eso é algo que ninguén nos vai poder reprochar.
Porque todos necesitamos tirar cara adiante, para ben ou para mal, sempre cara adiante.

CXII

"Mamihlapinatapai"
Esta palabra está nun idioma dunha tribu de Sudamérica, e describe un concepto difícil de traducir en poucas palabras. Vén decindo algo así como "unha mirada entre dúas personas, cada unha das cales espera que a outra empece unha acción que ambas desean, pero ningunha se atreve a iniciar"
Estou seguro de que algunh vez experimentastes esta situación. Miras a unha persona, e notas que a súa mirada vai máis alá. E non me refiero a cando pensas que che saludan, saludas de volta e resulta que lle estaban falando a alguén de detrás de ti (que seguro que tamén che pasou). Refierome a esa chispa que salta a raíz dunha mirada, e que a partir dese momento, esa persona e máis ti xa non vos mirades igual. Coma se se establecese unha conexión entre ambas, de forma silenciosa, pero potente. Unha chispa que, por moi cambiantes que sean as circunstancias, sempre ides notar ambas partes. Sempre que mires a esa persona notarás que non a estás mirando igual que ás demáis, pero tamén notas que che mira de forma diferente.
Pero a precisión da palabra que describin antes reside en que ambas partes non se atreven a dar un paso. Pensa en cantas cousas te estarás perdendo por quedarte a esperar que esa outra persoa faga o que ambos queredes.
Se cadra vai sendo hora de que deixes que as chispas se convirtan en lume.

CXI

Un día vin en twitter a unha tipa que decía "2012 y sigo sin usar (a+b)² en mi puesto de tamales."
E eu, sin conocela de nada, respondinlle "Quizá por eso trabajas en un puesto de tamales"
Visto esto, dentro texto:
Son unha persona jodidamente curiosa.
Encántame aprender cousas, aínda que sea sólo para ter a tranquilidade de que sei algo sobre un tema.
E pásame que moitas das miñas conversacións ca xente empezan por "sabías que..." ou "leín algo o outro día que...". Pero, por desgracia, hai algunhas personas cas que esas mismas conversacións acaban con un "e a min que coño me contas" ou "no, que quen che preguntou" etc. E nese momento quédome sin palabras.
Porque é certo que, si un día che conto que foi a primeira Guerra do Golfo che sude os genitales, e prefieras que falemos do moito que está chovendo esa semana, en vez de saber unha das causas do nacemento do terrorismo yihadista.
Pero gustaríame saber que ganas dicíndome que non che interesa.
Porque a túa vida vai seguir igual si non o sabes, é certo. Pero, xa que alguén se tomou a molestia de explicarche algo sin ter por que, pois podías, como mínimo, decir "oh, pois non sabía nada deso" e olvidalo tranquilamente sin quedar coma un completo ignorante.
Porque seguramente nunca necesites sabelo para nada.
Seguramente ninguén che pregunte ningún día que sabes sobre a Guerra do Golfo.
Seguramente, unha semana despois de contarcho, te olvides de que coño pasou no Golfo Pérsico en 1990.
Para que imos querer saber cousas que non imos necesitar?
Nunca vas necesitar (a+b)² si curras vendendo tamales.
Visto así, nada é realmente necesario. Quero dicir, si vivir consiste en alimentarse e seguir con vida, pois non necesitamos avións, nin teléfonos, nin televisión, nin nada que non sea unha horta para plantar patatas e unhas vacas para criar.
Joder, para que imos querer estar vivos si de todos modos imos acabar morrendo?
Non sería mellor que te tires dun puente para acabar con esto canto antes?
Que ti tires ti eh, que a min interésame saber que pasou en Kuwait no 1990.
PD: 100% de respeto á xente que vende tamales.
PD2: A próxima vez que te preguntes por que hai yihadistas, lee sobre Saddam Hussein e a ideología Baaz.

CX


Unha vez preguntáronme si era feliz. A miña resposta foi que non se pode ser 100% feliz, porque sempre vai haber algo, por moi remoto que sea, que che vai ter mínimamente preocupado.
Hoxe penso que me equivocaba. É posible ser feliz. Esta foto pono en evidencia. Por moito que a miña cara sea de "hostia que me vou matar", prometo que aí arriba era feliz.
Aí arriba non existe o antes nin o despois.
Aí arriba, aínda que haxa catro persoas poñendo as mans no teu cú, non te preocupas, porque sabes que están para aguantarche.
Aí arriba, mentras está tocando un dos teus grupos favoritos, emerxes entre unha marea negra de irmáns, que che levantan e coidan de que non te partas a crisma.
Eses mesmos irmáns que devolveron a carteira que perdín nese concerto.
Eses mesmos irmáns que che levantan aos dous segundos si te caes nun pogo, e che preguntan si estás ben.
Eses irmáns que che abrazan sin conocerche de nada cando a canción que está sonando vos emociona por igual.
Eses irmáns que gritan contigo "SEGURO DENTAL. LISA NECESITA UN APARATO" no camping ás 4:00 AM.
Por eses irmáns, por eses grupos que nos emocionan, por estar aí arriba e ser feliz, por ir cada ano hasta Viveiro.
Por todo eso me entusiasma tanto este estilo de vida.
Por todo eso, e máis:
Grazas

CIX

Era unha cálida e apacible tarde de Agosto. O ceo solo estaba manchado por algunha estela dun avión e un par de parapentes, cando Andrea Maltañeda saleu a facer un pouco de senderismo polo monte Sanjúnar, alá por Villamontesa del Castaño, onde solía pasar os veráns con seus pais e a súa cadela Poncia.
Cando levaba unha hora de camiñata, Andrea veu tirado no chan a un señor, con sangre arredor da cabeza e un pedrusco importante ao lado. O señor resultou ser Marcial Antelleros, natural dunha aldea da zona chamada Linandre. Despois daquela tráxica tarde, a pobre de Andrea quedaría trastornada debido aos fortes interrogarios da policía, cando ela lles tuvo que explicar que cando encontrou ao home, este xa estaba morto, e que ela non o vira na vida.
Os anos pasaron con dificultade para Andrea, quen tiña que lidiar con pesadillas recurrentes, e un medo irracional que lle impedía volver á casa de verán que tiñan seus pais en Villamontesa del Castaño.
Co tempo foino superando, e apenas quedaban secuelas cando estaba estudiando comunicación audiovisual en Barcelona. Alí botouse un mozo uns anos maior ca ela, pero cheo de xuventude e de espíritu. Eusebio Alfredo, se chamaba o chaval, quen, por algún extraño motivo, foi condenado por seus pais a vivir cun nombre tan horrendo. Polo visto seus pais querían facerlle un homenaxe a un bisabuelo, pero non se ponían dacordo en cal, así que optaron por poñerlle ao pobre neonato, quen non tiña culpa de nada, ese nombre tan pintoresco.
Total, que Eusy (como lle chamaban os amigos) acabou flipando por colores cando á súa moza lle dou unha venada enorme e lle destrozou a habitación.
Resulta que o pobre chaval lle enseñara unha colección de pedras que tiña na habitación de sitios aos que fora, e Andrea lle explicara que ela solía pasar os veráns nunha casa cerca do monte Sanjúnar, e Eusebio Alfredo lle contara que naquel monte, facía moitos anos, encontrara unha amatista bastante grande, pero que se lle caera do bolsillo mentras facía parapente con seu pai José Luis.
"Joder, menuda historia te acabas de montar, Bubi. Pero non sabemos que lle pasou a Andrea despois deso."
Bueno, a verdade é que a pobre, nada máis salir do apartamento de Eusebio Alfredo empezou a hostias con todo quisqui pola calle, e acabaron internándoa nun psiquiátrico. Non por moito tempo, xa que un día encontrárona na habitación, ahorcada con un cordón das súas zapatillas, mentras no seu mp3 sonaba en bucle "Down from the sky", de Trivium.
Que? Non poñas esa cara, ninguén dixo que esta historia tuvese que ter un final feliz. Ou si?

CVIII

Único.
Que algo sexa único significa que non hai nada igual, non?
Ser único é algo que se pode tomar de certas formas. Quero dicir, podes decir que algo é único, aínda que garde certas similitudes con outras cousas. Ou podes poñerte en plan escéptico e dicir que, ao ter similitudes con outras cousas, non é 100% único.
Pero párate a pensar nas cousas que crees únicas. Unha persona por ejemplo.
Encontras un día a unha persoa que, canto máis a conoces, máis única crees que resulta. E dis todo esto, sin pararte a pensar no que eso significa. Que unha persoa sexa única significa que, en máis de 7.000.000.000 persoas que existen neste planeta (sin contar as que existiron e existirán), non houbo/hai/haberá ninguén igual.
Vale, si. Xenéticamente cada persona é única e bla bla bla #NonSonBiolojo
Pero eu, como son un moñas, estoume referindo á parte personal.
Pódese ter unha personalidade única? Eu podo afirmar que coñezo moitas persoas que teñen a personalidade moi moi parecida, pero non podo afirmar que alguén a teña única.
Quen me di a min que, en 2046, en Nova Caledonia, un fulano chamado Didier non teña unha forma de ser extremadamente parecida á que teño hoxe, aos meus 20 anos? Que xa sei que gilipollas hai moitos, pero tanto coma min? Costa creelo.
Si estás seguro/a de que conoces a unha persona única e irremplazable, aínda que sólo o sexa para ti, non a deixes escapar.

CVII

A ver, que estaba vendo unha serie en Netflix e recordei algo sobre o que quería escribir.
Hai unha frase de Banksy que vén decindo algo así como "hai montóns de personas que non usan a súa iniciativa porque ninguén lles dixo que o fixeran"
Por si che costa pillarlle o sentido, permíteme explicarche a frase:
A ironía desta frase radica en que, si usas a túa iniciativa porque alguén che di que o fagas, estás actuando sin iniciativa.
E, canto máis o penso, máis sentido me ten esta frase hoxe en día. Pensa en cantas personas conoces que únicamente se limitan a vivir segundo o establecido pola sociedade:
Traballa/estuda de Luns a Venres e descansa o fin de semana.
Salir de festa está ben, mentras que quedarse na casa está mal, porque che convirte nun sociópata.
Apuñalar gargantas está mal porque lle impides aos demáis vivir (bueno, esta era de coña)
Estudia para poder traballar, traballa para poder ganar cartos, e gana cartos para poder ter unhas vacacións o 10% do tempo que traballas.
Aforra para que, cando teñas 70 tacos e o goberno che negue unha pensión, poidas ter con que vivir.
Etc etc
E si te das conta, hai un gran número de personas que se creen felices dentro das súas rutinas e cas súas aspiracións que non van máis alá de comprarse un BMW, simplemente porque a sociedade lles dixo que esa é a idea da felicidade.
E si ahora me vés decindo que eso de que a sociedade non nos fai pensar de certas formas, e que todo é fruto da miña mente, porque me aburro moito un domingo ás 3:00, responde a estas preguntas:
a) Por que unha persona delgada é máis guapa que unha persona gorda?
b) Por que o rosa é un color asociado ás mulleres?
c) Por que o metalcore é ruidoso, e o pop non?
d) Si che dixera que uses a túa iniciativa, que farías?
e) Cando foi a última vez que fixestes algo indo en contra do que che decían os demáis?

CVI

Hai unha historia que di que un Rei estaba tan orgulloso do artista da súa corte, que un día, de quentada, retou a todos os habitantes do Reino a pintar mellor que o artista da corte.
Ao día siguiente de plantear o reto, apareceu un vagabundo clamando que el podía petarlle o ojal ao susodito artista (artísticamente falando)
Entonces o Rei doulles a cada un deles un mesazo enteiro para prepararen unha pintura que deixase a todos ano-nadados.
Total, que un mes despois, estaban os dous cuadros cubertos por unha sábana na corte. Cando o Rei sacou a sábana do pavo da corte, todo quisqui quedou flipándolo. O artista pintara un bodegón tan currado e realista, que unha mosca intentou chupar a fruta do cuadro.
O Rei estaba encantado, porque o seu artista era tan bo que conseguira engañar á naturaleza. Tan encantado estaba, que lle dou ao vagabundo a oportunidad de pirarse co seu cuadro sin sufrir a verjonsa de enseñalo. E o vagabundo, con un par, dixolle ao Rei que quitase a sábana.
Pois imaginade a cara de póker do Rei cando veu que non había sábana, sinon que o fulano pintara o cuadro como si houbese unha sábana cubríndoo.
Despois dese plot twist, o vagabundo dixo " pode que o teu fulano conseguise engañar á naturaleza, pero eu conseguin facer que o home máis poderoso do reino quedase coma un retrasado"
Podería usar esta historia para darvos unha moraleja sobre a soberbia, ou sobre fiarse de extraños.
Pero en lugar deso, gústame pensar dúas cousas:
1- Que ao vagabundo lle cortaron a cabeza despois deso.
2- Que vos acabo de facer leer todo esto esperando algo que vos deixe pensando/flipando, e que non signifique nada.
Así que si chegastes hasta aquí, e te sintes decepcionado/a, que sepas que nunca te debes fiar dun extraño. E menos de alguén de Instagram de quen sólo conoces o seu apodo.
PD: A historia saqueina do libro "Wall and piece" do grafitero Banksy.

CV

E si te vas?
Lonxe
Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este"
Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque xa non o recordan
Lonxe de "non sabía que ese sitio existía"
Moi lonxe. Demasiado lonxe para seguir chamándose lonxe.
Lonxe de carallo.
Lonxe que se che vai a olla.
Fundirte na distancia, hasta formar parte dela.
Pero lonxe nivel "a tomar por culísimo"
Acabar sendo unha amalgama de colores e formas, en sintonía co entorno.
Que os colores sean sonidos, e os sonidos caricias.
Onde todo sexa abstracto.
Abstracto hasta abstraerse.
Deixar de ser, para pasar a estar.
Alí estar, onde os nombres carecen de sentido.
Onde ninguén estivo nin estará.
Perdido no tempo e no espacio.
Lonxe.
Moi lonxe.

CIV

Existen dous tipos (principalmente) de adictos á cocaína:
Por un lado, está esa persona que necesita unha dosis cada certo tempo para encontrarse ben e non sufrir o mono.
E por outro lado, está o tipo de consumidor que sólo consume de festa, sea cada fin de semana ou cada dous. Esa xente que, chegado un punto, xa non concibe salir de festa sin meterse un par de tiros, que sufren unha adicción psicológica.
Dito esto, vouvos contar unha historia sobre min:
A finales de 2016 decidin que iba ser straight edge (non tomar ningún tipo de droga) durante unha temporada. Esto implicaba non beber en fin de ano. Pois ben, desdo momento en que tomei esa decisión, e llo iba comunicando á miña xente cercana, iba recibindo todo tipo de críticas, tales como "non me seas maricón e bebe en fin de ano hostia", ou "Non me jodas meu, en fda hai que pasalo ben hostia" etc.
É sorprendente ver como a xente non acepta unha decisión que únicamente che afecta a ti mismo, pero eso é outro caso.
Ahora pensa no que decía ao principio sobre os cocainómanos.
Que pasa si che digo que existen dous tipos de alcohólicos? O que bebe tódolos días, e o que bebe solo de festa?
Seguramente, si sueles beber cando sales de festa pensarás "bah, eso a min non me pasa, que eu non teño adicción"
E se cadra é certo, pero é máis ben unha adicción psicológica. Pensa en toda esa xente que di "pa salir sin beber, pois non salo", ou esa outra que di "é que si non bebo de festa pásoo mal" ou "vou pasar de tomar antibiótico hoxe pa poder beber".
Que os diferencia do que se mete líneas discontinuas cada finde?
E dirás "Bubi, non me compares a cocaína co alcohol que non teñen nada que ver". Vale, aí tes razón, a cocaína é bastante máis dañina etc etc, pero ambas son drogas que se toman buscando un efecto, a sabendas de que nos perjudican a salud. A diferencia entre ambas é que o alcohol é legal e está ben visto pola sociedade.
Si te das conta, a maioría da xente bebe pola presión social de que todo o mundo bebe de festa.
E si escribo este texto é para que te pares a pensar, sólo por uns segundos, canta xente é adicta ao alcohol sin sabelo.

CIII

(Fin de ano)
Este non é o típico texto que repasa o meu 2017, para nada.
Eu son moito de pensar (quen o diría), e tiña pensada unha frase perfecta para esta foto, cargada de simbolismo, con varias interpretacións e que resumía perfectamente que pasou pola miña mente este ano. Non obstante, non merece tanto significado.
Sabes?, pasar de ano non é tan significativo como parece. Quero dicir, tanto daría que fose outro día, seguiría sendo o mesmo rollo sin cambiar nada.
E falando de cambios: é típico que todos fagamos "propósitos de ano novo", nos cales nos propoñemos partir de cero e intentar mellorar as nosas vidas.
Significa esto que ningún de nós está contento ca súa vida? Por que sempre queremos cambiar algo?
Se de verdade quixésemos cambiar algo de nós, non esperaríamos a que fose certa fecha arbitraria para empezar, senon que o faríamos desdo momento onde decidimos cambiar o problema.
Se esperamos para cambiar as cousas, significa que estamos demasiado cómodos como para realmente necesitalo.
Os cambios máis importantes pasan sen que nos demos conta.
Fai exactamente un ano, eu seguramente defendería a capa e espada que facer o que che di o teu interior é o mellor que podes facer, pese a que non precisamente ten por que ser o correcto.
En cambio, ahora mismo seguramente che diga o contrario, ou que penses as cousas antes de actuar por impulsos. E en ningún momento dixen "vou cambiar a miña forma de ver a vida", que va. A vida foi a que me cambiou (hostia que poético e introspectivo, non?)
Mira, proponte cambiar si ques. Inténtao, porque se cadra funciona, nunca dixen que fose imposible.
Pero antes compara quen eras fai un ano e quen eres ahora. E despois, valora si realmente podes controlar ese proceso.
Cambiar é algo implícito no ser humano. Algo que nos fai adaptarnos constantemente ás situacións.
Pero seguimos sendo as mesmas personas, a pesar de tantos cambios.
Ou non?
E esto dos cambios lévame a poñer a frase que tanto pensei pa esta foto.
Estás lista? Aí vai:
Eres feliz?

CII

Conteivos algunha vez a definición de locura?
A locura consiste en facer o mesmo unha e outra, e outra, e outra vez, esperando que algo cambie.
Esto non é que o diga eu, nin Vaas, o villano de FarCry 3. Esta frase atribúeselle a Einstein (mira ti, que aparte de físico era filósofo)
Por suposto que hai varios tipos de locura, pero ser esclavo da rutina é un deles.
Nunca te encontrastes a ti mesmo/a pensando "algún día...", mentras te resignabas a facer o mesmo de sempre?
Casi todos ansiamos que as cousas sean diferentes, porque sempre creemos que poden ir a mellor. Pero se cadra non nos atrevemos a salir das nosas rutinas porque estamos acostumbrados a elas. Nese ascenso (ou descenso dependendo de cada un) da nosa vida, chega un momento no que alcanzamos un terreno plano no que podemos descansar, e en moitas ocasións temos medo a seguir adiante porque, joder, que ben se está aquí sentado sin moverse verdad?
Si día tras día, mes tras mes, ano tras ano, te pasas o tempo vendo "las mismas caras, los mismos gestos" (Non solo cito a Einstein, tamen a Violadores del Verso) acabará pasándoche a vida polas narices e seguirás no mismo descansillo da escaleira sentado/a esperando a que a morte toque ao timbre.
E non che digo que te marques un Alexander Supertramp (buscade en Google quen é, igual flipades) e vendas todo o que tes para irte por aí. Solo digo que empeces con algo pequeno, e a partir de aí tomes as decisións que creas convenientes. Que te acerques un pouco máis ao barranco a mirar as vistas, e si eso coller un paracaídas e saltar.
De nada sirve soñar con que as cousas vaian mellor si non te atreves a salir da zona de confort á que te acostumbrastes.
De nada sirve mirar ao futuro si non estás camiñando.
A rutina é unha locura.
A rutina é unha locura.
Por certo:
Conteivos algunha vez a definición de locura?

CI

Falemos de espirales.
Unha vez te metes dentro dunha espiral, sólo tes dúas opcións: Seguir adiante, ou volver sobre os teus pasos. É un dilema binario, ou escolles A ou B... Non?
A diferencia entre unha espiral e un laberinto é que no laberinto, tes que encontrar unha salida probando diferentes opcións e alternativas. Na espiral non sabes si no centro encontrarás a salida que buscas, ou te perderás máis, e volver sobre os teus pasos significaría que todo o camiño que anduvestes non sirveu de nada.
Pero que pasa cando sabes que a espiral é un camiño sin salida, e que no centro non vai haber nigunha porta que che saque mágicamente de alí?
Como se sale dunha espiral?
Pois nese caso, non sirven nin A nin B, e tes que inventarte un plan C. Algo así coma o "When nothing goes right, go left", pero versión 2.0. Si non sabes salir da espiral, rompe con ela. Salta os muros, cava un túnel ou o que sea, pero non sigas facendo algo que sabes que non che vai levar a ningunha parte.
A vida non é decidir entre blanco ou negro, Colacao ou Nesquik, Estrella Galicia ou Mahou. Hai tonos de grises, marcas blancas e.... Bueno, se cadra as cervezas non son un bo ejemplo para esto. Pero a cuestión é que non debes permitir que che limiten as opcións a escoller. Harvey Specter diríache que, cando che apunten cunha pistola á cabeza e che manden escoller entre obedecer ou disparar, escollas unha das outras 146 opcións.
Ter a capacidade de decidir non significa ter liberdade de decisión.

C

Por que todo ten que ter un sentido? Que sentido ten que digas que algo non ten sentido? (Sinte a redundancia).
Si empezas a repetir unha palabra unha e outra vez, como acabo de facer acaba perdendo o seu sentido. Así que máis ou menos podes facer que a palabra sentido deixe de ter sentido, creando unha especie de bucle-paradoja do que sólo podes salir si te aferras ao concepto de sentido, máis que á propia palabra.
Pero eu quería falar de que tendemos a determinar de forma arbitraria que ten "sentido" e que non o ten. Por ejemplo, seguramente alguén verá esta foto e dirá "non ten sentido que estes fulanos se saquen unha foto de festa meténdose un dedo (e nada máis que un dedo) na napia. Pero non hai ningunha regla escrita que diga que sacar unha foto así carece de sentido.
Tampouco parece ter moito sentido que non teña nin putísima idea de quenes son as tipas que salen con nós na foto.
Aínda que, si se explica da forma correcta, todo pode adoptar un sentido determinado.
Partindo da miña teoría alí por bachiller de que todo se basa en vectores unitarios (con dirección e sentido determinados), todo debería ter sentido.
-En serio Bubi? Vectores unitarios a estas alturas da vida? Que tes 20 anos, joder.
+A ver, ahora chutome cousas máis fuertes, xa sabes como vai a vida: Empezas tonteando cos vectores unitarios e acabas facendo transformadas de Laplace un par de veces por semana.

XCIX

E si todo se vai ao traste? Quero dicir, sempre é máis facil destruir as cousas que construilas.
E si todo aquelo no que te apoiabas falla de repente? Pois seguramente teñas un problema.
Está ben que a xente che apoie en conseguir as túas metas, pero si basas todo aquelo no que crees en algo que non podes controlar ao 100%, tes un problema. Estarás condenado/a á incertidumbre, sabendo que, dunha tirada, todo pode virse abaixo.
Se me permitides un consello, direivos que ter amor por un mesmo é bastante máis importante que ter o amor dos demáis. Porque, aínda tendo a todo o mundo na túa contra, podes conseguir moitas cousas se lle pos o empeño adecuado.
Se todo o mundo che di que é unha locura nadar a contracorriente, pero a ti che parece sensato, adiante. E si fallas, que non sea por non intentalo.
Busca un motivo polo que manterte firme, e faino.
Porque cando non te apoias en nada, acabarás caendo por nada.

XCVIII

O pobre desjrasiado de Raimundo Anteoquero morreu un 6 de Abril ao caerlle un rayo na cabeza, o cal non deixa de ser irónico, xa que en Alcoba de Pastor, o seu pueblo natal, a xente chamáballe "Ray".
Podíamos culpar á naturaleza de matar a Raimundo cun rayo.
Ou ben podíamos culpar a Raimundo por ocurrirselle camiñar por campo aberto un día de tormenta.
Aínda que, se cadra, a culpa a tiña o seu sobriño Oscarito por poñerlle unha antena de alambre no sombreiro a seu tío.
Pero, se imos máis atrás, poderíamos pensar que foi culpa de Lupecia Antonia, xa que foi ela quen lle mandou aos seus alumnos, Oscarito entre eles, que fixeran uns disfraces de alienígenas para representar unha obra de teatro na escuela.
Ou se cadra a culpa tena Antonio Santiago Espinar, quen, cada vez que vai á taberna, se gasta todo o sueldo en copas de bourbon, afundindo a súa economía, e, xa de paso, o seu matrimonio con Lupecia Antonia, causándolle unha depresión que a empuxa a poñerlle traballos absurdos aos seus alumnos.
Ahora que o penso, a culpa podería ser de Raimundo Anteoquero, por permitirlle ao alcohólico de Santiago Espinar gastarse todo o seu diñeiro no seu bar.
Se cadra despois de todo, Raimundo é culpable da súa propia morte. Porque, por moitos culpables que lle busquemos ás cousas, nós somos os responsables dos nosos actos.
Por moitos culpables que busquemos, hai algo que non vai cambiar:
O desjrasiado de Raimundo sigue alí carbonizado no medio do campo, mentras un grupo de buitres dá voltas en círculo esperando.

XCVII

Pois resulta que un día sales da casa, e cando vas andando pola calle pasas por enfrente a unha librería.
Páraste no escaparate, e chámache á atención un libro escrito por un tal Alexander Duggan, que ten unha portada tope chula (porque ti, coma a inmensa maioría da xente, xuzgas os libros pola portada).
No resumen do libro non pon nada coherente, pero compras o libro porque está a un 60% de desconto e non deixas pasar esa oportunidade.
Pasado o tempo, descubres que ese libro plantea unha teoría da conspiración na cal os pingüinos están reuníndose no Polo Sur mentras planean (porque non poden voar xd) unha invasión a escala global. Ese puto libro empeza a obsesionarche, e todos os teus conocidos e familiares renegan de ti porque pensan que che faltan un par de tuercas autoblocantes.
Total, que uns anos despois veste no medio da expedición SVBBS 6785 nunha antigua base soviética, ahora propiedade da ONG "Save the humans, Kill the Penguins" ou SAHUKIPE, que en japonés significa "traxe elegante" (coma os smoking que parece que levan os pingüinos. Casualidade? Non o creo)
Total, que resulta que os pingüinos non pretenden dominar o mundo, xa que é demasiado cálido para eles. Ao contrario, pretenden abandonalo.
Barkor III, Emperador da barrera de hielo de Ross, explícache como, a raíz da súa frustración de non poder voar, os pingüinos desarrollaron durante décadas un programa espacial que lles permitise escapar a Marte, un lugar frío e sin ese hielo tan resbaladizo que tanto lles dá por culo.
Cando lle explicas o do libro que lestes fai anos, Barkor faiche ver que Alexander Duggan é o nombre falso de Dugkon, un pingüino renegado que se foi a vivir cos humanos despois de experimentar a fama nun anuncio de Licor del Polo, contando no seu libro todos os secretos do PP (Programa Pingüino).
E así é como, mentras ves a Pinguinager IV despegar cara Marte con todos os pingüinos da Antártida a bordo, non recordas se aquel día que vistes o libro no escaparate, ibas para a academia ou simplemente a comprar pan.

XCVI

Pódense crear recordos?
Eu creo que si, creo que a maioría dos nosos recordos se constrúen partindo das emocións que tivemos no momento vivido, e a partir de aí construímos unha imagen mental que nos fai recordar ese momento. Se cadra por esto hai tantas discusións de personas afirmando vivir cousas diferentes nun mesmo momento.
Por outro lado, hai recordos que se quedan grabados tan a fuego que recordamos cada detalle, cada pensamento que se nos pasaba pola mente. É sorprendente que a veces poidamos recordar mellor todo o que pasou nun sólo segundo, que en todo un día. Tamén é certo que solo recordamos cousas importantes. Por ejemplo, que comestes o martes da semana pasada? Seguramente non o recordes, pero seguro que si que recordas onde destes o teu primeiro beso.
E si che digo que construímos todas as nosas vidas a partir dos recordos que temos? Non me cres? Párate a pensar como sería o mundo se cada un de nós non puidese recordar máis alá do que pasou onte. Nada sería tal e como o coñecemos, porque modificamos as nosas vidas e as nosas mentes en base ao que xa vivimos.
Por eso, se alguén puidese manipularnos de forma que recordásemos o que alguén quixera, estaríamos dominados.
A nosa libertad, ao fin e ao cabo, reside na nosa memoria. Todo o que somos reside nos nosos recordos.
Así que tede coidado co que decidides olvidar, porque unha vez desaparecen os recordos, desaparecen partes de nós.
Como lágrimas na chuvia.

XCV

Сегодня я хотел бы поговорить об этом. Мы все знаем, что конгр, разведенный в неволе, не имеет такого же вкуса, как дикий гнев. Пленение подразумевает использование антибиотиков и других химических веществ, которые во многом изменяют жизнь и вкус гноя. Напротив, дикий когд является чисто естественным и свободным от стресса жизни в пусте, переполненном другими экземплярами. Чтобы искоренить производство животных в рыбоводческих хозяйствах, проголосовать.
Segodnya ya khotel by pogovorit' ob etom. My vse znayem, chto kongr, razvedennyy v nevole, ne imeyet takogo zhe vkusa, kak dikiy gnev. Pleneniye podrazumevayet ispol'zovaniye antibiotikov i drugikh khimicheskikh veshchestv, kotoryye vo mnogom izmenyayut zhizn' i vkus gnoya. Naprotiv, dikiy kogd yavlyayetsya chisto yestestvennym i svobodnym ot stressa zhizni v puste, perepolnennom drugimi ekzemplyarami.
Чтобы искоренить производство животных в рыбоводческих хозяйствах, проголосуйте Fayçal Chaib!

XCIV

Existen lugares inolvidables. Lugares que están marcados polo que pasou neles. A plaza de Tiananmen en China, a Torre Eiffel, ese sitio que tanto che gusta para ver atardecer en Setembro, ese banco desde onde se contempla unha cidade, ou ese outro no que se paraba o tempo cando falabas con alguén sobre calquera cousa, un puente, un río, un lago, un monte etc.
Un lugar vólvese especial polas cousas que vivimos nel, e, moitas veces, parece que cando o visitamos, nos asaltan os recordos, como si estuvesen alí gardados para cando volvamos nun futuro. Sen necesidade de que haxa unha placa que diga "En 2017 aquí fun feliz". Só se necesita a memoria. Por moito que ese lugar cambie, por moitas pintadas que se borren, ou moitos bancos que se quiten, os recordos siguen aí.
E, aínda que eu juraría que existen sitios onde non cabe nin un solo sentimento máis, sorprendome cada vez que os visito, porque sempre deixamos algo de nós cando recordamos algo.
Aquí na foto, un canal de Aveiro ao atardecer a principios de Setembro. Recordo que, pouco despois desta foto, timaronme 2,30 por unha birra mediocre. Ah, si, e tamén sentín unha paz inmensa ao tomar unha birra naquela terraza. Pero mellor gardemos os sentimentos para eses lugares aos que pertenecen.
Porque, ao fin e ao cabo, unha pintada nunha parede borrase, pero ese pequeno paro cardíaco ao visitar un sitio significativo dura para sempre.

XCIII

Bueno, a ver:
Este non é un texto destes nos que desarrollo unha idea hasta chegar a unha conclusión.
Tampouco é unha destas idas de olla dignas de cando estaba en 2° de Bach e era feliz.
Tampouco é unha destas pasteladas que me gusta escribir últimamente.
Simplemente quero comentarvos unha frase que saquei de non sei que canción, porque si a poño a secas na foto, non lle ides facer puto caso. E resulta que como guía de vida é bastante útil.
A frase en cuestión é "When you stand for nothing, you'll fall for anything"
Para os que non sepades nadita de english, decirvos que significa algo así como "cando non tes algo polo que manterte en pé, caerás por calquera cousa"
Esto vén significando que está de putísima madre marcarnos uns obxectivos ou uns principios que non nos fagan perder o rumbo. Que nos fagan levantarnos cando veñan os huracáns da vida a empujarnos. Pero, sobre todo, que nos fagan saber que somos nós quenes decidimos a importancia das cousas que pasan.
When you stand for nothing... You'll fall for anything.

XCII

Espero que algún día recuperes a sonrisa. Non unha calquera que lle das a un desconocido, sinon aquela que se vía nos teus ollos cando pasabamos tantos momentos xuntos.
Espero que algún día, cando creas ser feliz, te olvides de todas esas cousas que che poñen triste, e vivas nun estado de alegría permanente. Que coño, espero que mires a outros como me mirastes a min, que lles digas as mesmas cousas que me dixestes a min. Que vivas coa mesma ilusión que tiñas sempre dibujada na cara. Que ninguén che quite os soños, que as palabras perdan o seu significado, e adopten un particular que sólo compartades ti e alguén máis.
Ojalá que poidas volver a eses sitios que ahora temos prohibidos, e que, cando o fagas, non penses en min. Que penses na vida, que vivas pensando.
Espero que fagas moitas cousas, e que deixes de facer outras tantas.
Non espero que te enamores, eso nunca trae bos resultados, pero eso xa o sabes.
Espero que deixes de escribir sobre o que che doe, e escribas sobre o que che alegra.
Espero que durmas ben todas as noites. Sola ou acompañada. Con frío ou con calor, pero que durmas ben ao fin e ao cabo.
Espero que, algún día, fagas as paces co teu dolor...
E que nunca perdas o teu lume interior.

XCI

Alí estabamos, recordas?
Sentados frente ao solpor, en silencio. Eu sentíame un pouco ridículo por estar vivindo un momento tan idílico, tan peliculero, pero tan real ao mesmo tempo. Non sei como te sentías ti, pero pola túa cara, xuraría que non querías ir a ningunha outra parte, a ningún outro momento. Gozabas do momento que a vida nos trouxera, da compañía que alí, en silencio, nos facíamos un ao outro.
Recordo que pensei en abrazarche, pero non o fixen por medo estropear aquel solpor.
Recordo que pensei en bicarche, pero aquel solpor merecía ser observado todos e cada un dos segundos que duraba.
E o Sol rematou por poñerse, deixando paso ao luscofusco. Nese momento souben que nada dura para sempre, que todo remata, e máis alá só existe a morte. Naquel momento cambioume o semblante, e ti, coma se me leses o pensamento, dixéchesme: "Tranquilo, mañá volverá poñerse outra vez"
E prometo que nunca, despois de todo este tempo, vin o Sol poñerse coma aquel día.

XC

Dios creó a los hombres, y Samuel Colt los hizo iguales"
Cando Samuel Colt inventou o que hoxe en día se conoce coma revólver, calquera pringao con un par de días de práctica podía matar a quen lle salise das pelotas.
Si vistedes 300 supoño que vos quedaría na cabeza a frase "Hasta un Dios puede sangrar"
Nesta vida todos sangramos por igual, uns máis que outros, pero sangramos ao fin e ao cabo.
Á xente que che amenaza decindo "Pero ti sabes quen son eu?" As hostias dóenlle dúas veces: Unha na cara e outra no orgullo.
É certo que no día a día nos encontramos con xente que parece estar por enriba de nós, que é máis guapa, con máis éxito, máis cartos e parece ser máis feliz ca nós.
Pero na maioría das ocasións, é pura fachada. Todos temos cousas que ocultar, cousas que non queremos que a xente sepa, porque aquí ninguén é perfecto.
O Titanic fundeuse, as Torres Gemelas caeron, USA perdeu algúns (poucos) mundiales de baloncesto... Hasta o Imperio Romano caeu unha vez.
Estes ejemplos recordannos que nunca seremos invencibles, que ninguén está a salvo das desgracias e que nunca seremos perfectos. Sólo fomos, somos e seremos unha mota insignificante de polvo na inmensidade da historia.
Esas personas que van pola vida pedindo que as respeten simplemente porque se creen mellores ca ti merecen que un día a vida lles dé unha esparrada de realidad que lles faga darse conta de que nin eles, nin ti, nin eu somos ninguén, e que estamos aquí únicamente porque os nosos pais nos trouxeron aquí
E eso, e a posibilidad de sangrar, son as cousas que nos fan a todos iguales.

LXXXIX

(3 de Agosto)
Teño 20.
Si, fai 20 anos que salin da vagina de mamá Paquita.
Mentiría si dixera que non me da certo reparo cumplir 20, porque, a pesar de que siga sendo como era onte, ahora vexome representado por outra cifra diferente, a mesma cifra que agrupa aos de 20 cos de 28 (e mira que hai diferencia eh) estou, como diría Sanfa "Dentro de la fauna ovípara fluvial".
Pero sigo sendo igual de gilipollas.
Igual de infantil.
Igual de personaje.
Igual de despistado.
Igual de egocéntrico.
Igual de Bubi.
Pero bueno, hoxe son un pouco máis diferente que onte, e mañán serei un pouco máis diferente que hoxe, e así hasta que, un día, apenas queden cousas en min que teñan que ver co que son hoxe. Pero a esencia seguirá sendo a misma, seguirei sendo Fran (si, chamome así)
Está guay esto de que, unha vez ao ano, se honre a túa propia existencia. É como unha celebración do ego de cada un. E aos que nos gusta chamar a atención en todo momento vennos mallado ter un día así.
E diredes "joder canta importancia lle dá este pavo a cumplir anos" pero a verdad é que tampouco é algo que me fascine a tope, pero sabedes de sobra que non son capaz de subir unha foto cun emoticono dunha tarta, ou poñendo "felices 20 para mí" ou 19+1 ou level up ou esas paridas que pon a xente, cuya única función é que os que o leamos digamos "hostia, está de cumple!" E lle escribamos "Felicidades crack, a disfrutalos 😎" e veña, a seguir vendo máis fotos. Que non me malinterpretedes, pareceme de puta madre felicitar á xente, pero simplemente penso que, si todo o mundo fai o mismo, as felicitacións perden esa especialidad que lle intentamos dar para complacer ao cumpleañero/a.
En fin, que teño 20, pero sigo tendo a mentalidad dun de 12.
Que non vos engañen, a edad é sólo un número (si articula palabra, se taladra, dixo certo home sabio de Ribeira antes de meterse un tiro de farlopa)
En cambio, a vellez mídese polos días de resaca que che produce o Knēbep do Mercadona.
Feliz Navidad a todos, felices septuagésimo novenos Juegos Del Hambre, e que Drunken Mafias esté sempre da vosa parte.

LXXXVIII


"Que coño lle pasa a esta foto?" Dirás.
Porque claro, como non é un selfie meu cunha frase profunda dalgunha canción, pois rompe un pouco os esquemas do que a xente está acostumbrada a ver por insta. Tampouco é unha foto sacada en modo automático cunha Canon DLX-650 de 500€ que che regalaron teus papis por Navidades, mentras intentas parecer un modelo, que va.
Non é unha foto nun sitio tope chulo ao que fun de viaxe, nin leva de título a bandeira dese país no que estuven, que va.
É unha puta foto duns árboles facendo contraste co cielo (son de Ajiño, falo con castellanismos, vale?)
Nin siquera está atardecendo, e os árboles hasta parecen distorsionados, como si a imagen estuvese mal renderizada e todo.
Entonces, por que subes esta foto, Bubi? Que pretendes decir con esta foto e este texto que non trata sobre o máis profundo do sentimento humano?
Pois non sei que decir a verdad, esta foto gústame porque está ao revés, e si non me crees proba a girar o móbil para vela do revés. Si o fas, e te fijas un pouco, daraste conta de que é unha foto sacada ao reflejo duns árboles nun río, e que a distorsión non son nada máis que as ondas do río.
E o que pretendo decir é que, unha foto pode ser boa ou mala, pero pode cambiar radicalmente si lle das a volta.
E cas personas pois pasa o mismo: unha persoa pode causarche unha impresión, xa sea boa ou mala, pero si lle das a volta a esa persona, e a miras desde outra perspectiva, aparte de poder verlle os mocos na napia, poderás ver unha faceta que antes non eras capaz de ver.
Esta foto non terá casi likes, pero confío en que a xente que leera esto se quedara mínimamente volada ao darse conta de que era un reflejo. E sinon, pois non sei, volverei a escribir textos do revés para mantervos ocupados durante uns minutos máis que de costumbre.
!suedA

LXXXVII

Pois falemos de soños!
(Sinto que non sea unha frase con gancho que che incite a leer o texto, pero é o que toca)
Soñar está de putísima madre. Cando a realidade se che bota enriba e non aguantas o incontrolable que resulta, escapas ao mundo dos soños para poder estar a gusto. Ese mundo que cada un de nós se montou construído especialmente para sí mesmo. Un mundo a onde poder escapar para descansar, repoñer forzas e volver ás trincheras da vida, esquivando balas de realidade que che poden arrebatar a felicidade en calquer momento.
O problema que ten soñar é que todos queremos que os nosos soños se cumplan para poder vivilos na realidade, pero moitas veces eso resulta imposible. Por eso, quen soña demasiado acaba amargándose cada vez que volve á realidade, porque se acostumbra a ese mundo perfecto.
Se vistes a película Origen entenderás de que falo, e si a vistes e non o entendes, volve a vela. Catro ou cinco veces se fai falta.
É necesario soñar? Si.
É necesario que se cumplan os nosos soños? Imaxínate un mundo onde todo o que queiras se cumpla. Que emoción tería vivir? Non terías obxectivos que cumplir, nin metas que acadar nin nada. Vivirías unha rutina de caprichos, fartándote de todo o que quixeras.
Por eso hai que ter aspiracións na vida, pero algunhas deben quedar lonxe de cumplirse, para que poidamos seguir adiante cun obxectivo. Por moi distante que sexa, teremos algo polo que loitar.
Como di unha canción de Architects:
Fuck it! I'm a dreamer and I'm dreaming on!
Así que deixádeme soñar, que xa cumplirei o que teña que cumplir.
Deixádeme soñar si me queredes deixar vivir.

LXXXVI

Un día un colega pegoume unha patada nos huevos. Foi o golpe máis doloroso que levei na miña vida. Empecei a gritar sin control. Sentín un dolor tan inmenso que non sentía ningunha outra parte do corpo. Simplemente sentía dolor.
Esa é a vez que máis dolor sentin sin duda, pero non a peor de todas
Hai un tipo de dolor, que che come por dentro, que saca o peor de ti, e che fai cuestionarte todo.
Falo dese dolor virtual, que non che afecta no físico, que só está na túa mente. Hai veces que sentimos tanto dolor que nos dá a sensación de que nos doe algo, pero non sabemos o que. Non creo en nada, pero hai veces que sinto que teño alma.
Hai veces que unhas simples palabras che fan máis daño que cinco personas pegándoche unha paliza.
Cando un cani me diga que non teño puta idea da vida, porque nunca me peguei con alguén seriamente, reireime del, porque é probable que el non sepa o que é a vida, si nunca sinteu que todo o que coñeceía se viña abaixo.
Porque, non hai peor dor que aquel que sientes cando tes esa sensación de que todo o que che rodea se cae a pedazos, cando todo no que confiabas e creías parece fallar, e non tes onde apoiarte. E resulta incluso peor ver que o resto da xente parece non darse conta.
Aí estas ti, vendo como todo o teu universo se cae a pedazos, e a xente sorrindo, sen darse conta do que está pasando.
Pero o dolor acaba pasando. Podes recibir axuda de moitas persoas que che entendan, pode ser que a fonte do dolor esté na túa mente, ou que todo aquelo que temías que se desfixese aguante firme e impenetrable. Pode que haxa cousas nas que confiabas que se desfagan, e outras polas que non dabas un duro demostren ser robustas.
Por iso non lle teño medo a quen amenaza coa violencia, a quen me ofrece uns puñetazos. Eu teñolle medo a quen teña a capacidade de decir unha serie de palabras que, xuntas, fagan virse o meu mundo abaixo.
Por eso din que mata máis a pluma que a espada, porque a peor forma de dolor que podemos experimentar é aquela que nos corroe por dentro, que nos fai sentir impotentes ante as circunstancias.
Matan máis a as palabras porque van cargadas de significado.
E a nosa vida está feita de significados.
.
Interpreta o que queiras.

LXXXV

Podo prometerche moitas cousas:
Prométoche que chegará un día no que a túa mente disfrute dunha paz absoluta, aínda que sólo dure uns segundos, pasará.
Podo prometerche que, nun futuro, botarás a vista atrás e te reirás cando penses nesas cousas que ahora consideras problemas. Tamén che prometo que para aquel entonces, terás problemas máis serios, aínda que a seriedade sólo se ve desda perspectiva de cada un.
Prométoche que cando chegues á fin dos teus días, o teu rostro disfrutará dunha cara de tranquilidade, por saber que vivistes a vida que che tocou vivir, e que o fixestes da mellor forma que puidestes, e ninguén che poderá recriminar nada, nin che preocupará que poidan facelo, porque terás saldada unha deuda contigo mesmo.
Prométoche que en toda sombra hai algo de luz, e que en toda luz abrasadora se pode atopar sombra.
Prométoche que non hai xente mala, pero tampouco hai xente boa.
Se queres, prométoche que aprenderás todo o que poidas de todo e de todos, que non tropezarás coa mesma pedra máis que para saludar. Ou nin siquera eso.
Prométoche que cada vez que sintas nostalxia por algo, te des conta de que a nostalxia é unha forma de facernos ver que levamos unha vida satisfactoria.
Podo prometerche moitas cousas, pero, aínda despois de todas estas promesas, non che podo prometer que todas se cumplan.
Eso sólo podes prometerto a ti mesmo

LXXXIV

Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para cando as cousas empecen a irse ao traste. Cando estás en época de exámenes de Maio patrocinada pola UVigo, onde entre os exames de Maio e as recuperacións tes apenas dúas semanas de separación, chegas a un punto onde vives en esa tranquila incertidumbre constante. E pasas tanto tempo nesa situación, que te acabas acostumbrando a estar tenso, con ese pensamento de "debería estar estudiando" que ronda a túa cabeza incluso cando estás estudiando. Acostumbraste a vivir esa tensión, anhelando que se acaben os exames e poidas disfrutar tanto coma toda esa xente que sigues en Instagram e que parece que todo lles vai ultra genial. Vives nunha especie de cárcel moral, onde eres libre de facer o que queiras, pero temes as consecuencias. E así vives, deseando salir, hasta que, cando estás fóra, todos eses libros que ibas ler, esas ideas de ir correr todos os días ás mañans e todas as playas ás que decías que ibas ir, se desvanecen e acabas pasándote os días de verán vendo Alerta Cobra pola mañán, e pasmando polas tardes, mentras sudas en sitios onde non sabías que se podia sudar. Eso, queridos/as, é o que bauticei como EPU: Estrés Postraumático Universitario (patente en curso). Un fantasma que nos acecha e nos fará pensar durante todo o verán que a carreira está lonxe de ser acabada.
Ou se cadra algúns estarán tan borrachos vendo ao Combo Dominicano 87 veces, e escoitando "Despacito" un mínimo de 8 veces ao día que non se enterarán de nada e vivirán despreocupados polo seu incipiente futuro a medio plazo.
Pero unha cousa:
A carreira acabarémola.
Joder si a acabaremos

LXXXIII

Hooooola, que tal?
Casi despois dun mes do último texto volvo (S40) a escribir algo.
E digo algo, porque estou improvisando esto en certa forma. Antes escribía asi, co que fose salindo e a creatividade facía o resto, pero ahora sempre busco un tema, ou algo que che deixe pensando. Por eso escribo menos, porque tampouco é algo que me sala tan natural coma suspender asignaturas​, sabes?
En verdad boto en falta falarvos sobre bombardear campos de remolachas mentras vos peto a mente a base de castellanismos, pero é que a miña cruzada contra os vegetales que non son verdes xa está olvidada. Ahora teño unha cruzada cas gaviotas. Non, non sólo cas do PP, sinon con esas fillas de puta que están esperando o momento perfecto para soltarche todo o seu amor cheirento desde uns 15m de altura. Para que lo goces, nena.
E que, joder, que che truñe unha gaviota enriba non é algo moi común, pero tampouco é extraño si vives na costa. Pero é que últimamente estanse cebando conmigo, no plan de que en vez de soltar unha masa uniforme e consistente, cagan en plan perdigonazo de escopeta, sabes? E así é peor, porque extenden a área de efecto. Eu penso que se debe a unha cuestión evolutiva, e algún día nos declararán a guerra, e cubrirán o chan dun manto blanco e apestoso, obligándonos a todos a comprar coches blancos pa disimular as cagadas. E así, a industria de pinturas para coches verá a súa caída estrepitosa. E si resulta que son os fabricantes de pinturas blancas os que modifican as gaviotas genéticamente para que nos asedien a truñazos?
Unha cousa está clara, sigo sendo capaz de facervos leer un texto sobre algo tan asqueroso coma as putas gaviotas, eas súa merdas (literalmente) e que o leades ata o final.

LXXXII

Fría noite de Marzo en Brunswick, Arizona.
O pobre de Steve Jackson levántase co seu pixama enteiro, cunha tapa rectangular con dous botóns situada estratéxicamente no cú para poder cagar sin pasar frío na noite, xa que o baño da súa casa é unha letrina de madeira situada a 12m do porche de atrás, cunha lúa tallada na porta de madeira de abedul.
Cando sale, como fai un frío que te cagas no desierto de Arizona ás 2:33 AM, Steve acaba, efectivamente, cagando coma un poseso na rústica letrina artesanal.
Súbitamente, un ruido ensordecedor invade a tranquilidade da noite, e unha luz entra a través das separación​ das tablas da letrina, e empeza a ascender.
Antes de darse conta, ten unha sonda no ano e outra no uréter, e uns seres grises humanoides balbucean entre eles nunha lingua inintelixible.
Steve perde o coñecemento, e esperta na súa cama empapado en sudor.
"Seguro que non foi unha pesadilla" pensa, porque, de feito, aínda lle doía o cú.
Aínda que se cadra era polo fornido cowboy que estaba semidesnudo ao seu lado na cama.

LXXXI

E ata aquí chegaches. Destes todo o que podías dar, prometestes máis do que podías ofrecer. Queimastes todo o que tiñas, e xogastes ata a última carta. E aínda así non foi suficiente. Non o conseguistes.
E ahora que? En que posición che deixa eso? Fracastes?
Fora o resultado que fora, non está mal. Hai moito máis mérito en fallar intentándoo todo que en conseguir o que queres sin esforzo.
Tes dúas opcións, rendirte ou coller forzas, prepararte e planear o próximo intento. Da igual que xa fallaras máis veces, ten que haber outra forma. "When nothing goes right, go left", como din os ingleses.
O mundo vese desde unha perspectiva moi diferente cando estás no chan. Unha perspectiva que che fai ver que é o que importa e o que non.
Levantaraste con máis forzas e volverás ir a por todas, coas mesmas ganas que antes. E si volves a fallar, non significa que sea imposible.
Se eres capaz de arañar o éxito, podes chegar a agarralo, só necesitas saltar un pouco máis alto. E non penses que quedarte ás portas é fracasar, porque non o é.
Se sabes que tuvestes a oportunidade, podes volver a buscala, e, esta vez, demostrar do que eres capaz.
Ti sólo pensa que o peor enemigo que podes ter é o que se levanta e, a pesar de todo, sigue combatindo.
Sé ese enemigo, e levántate.

LXXX

Sales un día a pasear pola naturaleza e encontraste un toxo, e pensas "joder que planta máis fea", sigues andando e ves que o puto monte que tes ao lado da casa está cheo de toxos "normal" pensas, pois vives na Jalisia rural costeira, e o toxo é unha especie autóctona e bla bla
E sigues andando, e encontraste a Manolo o da corredoira cun matraquillo apañando fieitos mentras fuma a súa cajetilla diaria de Ducados. "Coma os seltas cortos non volverán a faser ninjún" quéixase Manolo. Ti paras a saludalo porque, como é do pueblo, hai que saludar, non vaian pensar que andas metido na droja ou aljo así. E Manolo empeza a darche a chapa de que ten un primo na América que emigrou nos 80 e que ahora vive moi ben ali porque ten unha tienda de bicicletas, e parece que teñen mercado. Tamén che fala de que seu tío estivo casado en Guadalajara, pero que cando tuvo fillos se mudou a algunha outra parte do interior.
Ti, como podes, cortaslle o rollo e tiras para a casa, porque tes que estudiar.
Anos máis tarde, cando a Guardia Civil vos desaloja a ti e a 64 universitarios dunha rave nun páramo perdido na estepa castellana poste a facer autostop, cagándote na vida de ocio universitaria. Resulta que che recolle un pavo bastante vello e curtido pola vida, que reconoce o teu acento en canto dis "hola, buenos días" e che conta que tiña un sobriño en Jalisia, que non é ninguén máis que o difunto de Manolo da Corredoira, que morreu dous anos atrás de cáncer de pulmón. E ti, aí na mitad da nada, lonxe de pensar que o mundo é un pañuelo, ou nos problemas derivados  do tabaquismo, miras pola ventanilla e pregúntaste como pode ser que botes de menos os toxos. Co feos que son

LXXIX

Vai e mírate ao espello.
Todos os días miras a esa persona no reflejo, pero poucas veces te paras a falar con ela. Poucas veces nos miramos máis alá do reflejo do espello.
Pois que sepas, que esa persona que che mira ao outro lado do espello, é a primeira (e moitas veces a única) persona á que lle debes explicacións. Non lle debes explicacións a ninguén que cuestione os teus actos.
É certo que moitas veces farás cousas das que te arrepintas, ou cousas que non quixestes facer e, aínda así fixestelas. A todos nos pasa, e nos pasará, é o que ten ser humanos. E sempre sobrará xente que che diga o mal que fas as cousas, que che diga que eles o terían feito mellor, sen nunca viviren a túa situación nin a túa vida. En cambio, faltará xente que che entenda e che apoie.
Por eso eres a única persona á que lle debes explicacións. Porque ti eres quen vive a túa situación e a túa vida, e ninguén máis ca ti sabe o que está pasando.
Así que non te preocupes polo que che digan, sabes que o estás facendo o mellor que podes. E, a fin de contas, eso é o que importa: Estar en paz con un mesmo.

LXXVIII


Esta foto tráeme bos recordos dunha tarde de Agosto.
Foi unha tarde bastante feliz, paseando pola playa de Queiruga ca family e tal, pero xa pertenece ao pasado.
E o problema que ten o pasado, é que xa existeu.
Sólo queda do pasado a memoria do presente, que pode estar nas nosas cabezas, ou ben en objetos materiales.
Aínda que esta foto represente algo xa inexistente (eu máis gordo, menos perturbado e máis xoven) sigue provocando reaccións no presente. É coma si o meu pasado me falase a través do tempo.
Entonces, a pesar de que o pasado esté morto, solo o olvido pode matalo definitivamente. Se ninguén recorda o pasado, este non existeu en ningún momento, deixa de existir para sempre.
E esto faime pensar que, como non escollemos que cousas olvidamos, a nosa memoria domina o noso presente. E nós somos o presente.
Entonces...
Somos presos da nosa memoria?

LXXVII

(Despois de ir a Madrid a un concerto)
É unha jodida locura.
Si, efectivamente, é unha jodida locura o que fixen, ou eso me decía todo o mundo. Incluso o cheguei a decir cando estaba comprando os billetes.
Era unha jodida locura salir ás 4:00 de Ajiño para o aeropuerto de Santiago eu solo no coche. Era unha jodida locura ir a Madriz para ver ao meu grupo favorito nun concerto, e estar de volta na casa o viernes á mañán.
Mentira. Non era ningunha locura.
Os que me conocedes ben sabedes todo o que significa Parkway para min, e si algunha vez me deixastedes falar 5min deles sin interurmpirme, entenderedes por que vía necesario pegarme ese trote para velos (por segunda vez)
Se cadra a vida consiste en levar a cabo esas cousas que todos nos din que son locuras, pero nós vemos totalmente necesarias e comprensibles.
Ir hasta Madrid parecía algo jodido, pero non imposible. E neso consiste, en que as cousas que son posibles as fagamos realidade. Consiste en tirarnos á piscina de cabeza sin probar a agua antes.
Son esas "locuras" as que farán que cando pasen os anos e botemos a vista atrás, non nos arrepintamos de nada.
Somos os donos do noso destino, e en nós está a decisión de vivir a vida que queremos recordar cando pasen os anos. E unha parte desa vida consiste nesas accións que a xente che di que son locuras.
Por eso estou seguro de que ir a Madriz é unha das cousas máis sensatas que fixen este ano.
Se cadra os que non cometen locuras son os que deberían estar en un manicomio.

LXXVI

Algún día.
Algún día acabarás a carreira
Algún día estarás aí arriba onde queres estar
Ou alí abaixo, si queres dedicarte á espeleología.
Algún día terás ese coche, esa casa ansiada, esa familia
Ou serás libre, á túa maneira.
Algún día farás realidade os teus soños.
Algún día serás feliz, plenamente.
Pensar en todos eses "algún día" danos motivación, ánimos e ganas de seguir adiante. Pero é unha arma de doble filo, pois, algún día, terás 80 anos, e cando te pares a pensar na túa vida, non che quedará ningún "algún día" ao que recurrir, porque os teus días xa pasaron.
O problema dos algún día é que non teñen fecha, por eso dan esperanzas.
Si non es capaz de poñerlle fecha a un deses días, loita por ser capaz de poñerlla, e, cando chegues a ese día, fai que se cumpla.
Así que, hoxe, ou mañán, ponte metas. Algún día non, hoxe ou mañan.
Fuck dreams, make plans

LXXV

Todos soñamos
E non me refiero a soñar de noite, mentras durmimos (que tamén), sinon a soñar despertos con ter cousas, ser algo nesta vida etc
Unha vez en primaria, tivemos que facer un exercicio sobre como nos gustaría que fose a nosa vida de "maiores". Todos puxeron cousas rollo "ser futbolista", "ser rico" etc. E eu puxen que quería ter unha vida normal, cun traballo normal e unha familia normal. A profesora dixerame que eso era o mellor que se podía desear.
Ahora pensoo e digo "joder, menuda merda de resposta"
Si me preguntas como quero que sea a miña vida de maior, non vou a soltar esa parida, non. Vou apuntar ben alto
Nesta vida soñar é gratis, pero si nos limitamos a soñar, veremos os anos pasar por diante de nós mentras seguimos pensando "algún día..."
Non soñes, fai plans. O teu soño é ter un Ferrari? Oes, pois búscate un curro que che permita pagalo. Non é fácil, pero tampouco soñas fácil.
Queres ser astronauta? Pois empeza a estudiar duro e preparate para sufrir, pero non te limites a mirar as estrellas de noite soñando con poder velas de máis cerca.
E se algún día fracasas por apuntar demasiado alto, saberás que, a diferencia de moitos, tuvestes o valor de intentalo. E eso non é algo que teña todo o mundo.
Non soñemos, fagamos plans
Fuck dreams, make plans

LXXIV

Underdog: Término inglés que se usa para referirse a alguén de quen únicamente se espera que perda.
Vamos, que é esa persona de quen decides "fijo que suspende o examen", ou "seguro que nin siquera é capaz de acabar esa carreira". Vamos, aquela persona pola que ninguén dá un duro.
A primeira vez que escoitei esta palabra foi na canción "Wild Eyes" de Parkway Drive, e entroume unha especie de admiración por ela ao enterarme de que significaba.
Si mirades a miña bio de Insta veredes que teño eso posto.
Gústame considerarme un underdog porque penso que nos cubre unha especie de escudo.
Quero dicir, si todo o mundo se espera que perdamos e ninguén nos dá ánimos para seguir adiante e conseguir os nosos obxectivos, só nos temos a nós mesmos para apoiarnos. E a base de experiencias así acabamos aprendendo a ser fortes, especialmente de conciencia.
Outra ventaxa que temos é que, si perdemos non pasa realmente nada, porque era o que cabía esperar, pero cando ganamos, cando por fin logramos as nosas metas, a victoria é moito máis satisfactoria, cargada con un significado máis alá da propia victoria.
Así que cando todo pareza ir na túa contra, e todo che tire para atrás e intente afundirche no barro da derrota, pensa en que ninguén escolle ser un underdog.
Pero cando o eres, tes a sorte, de non ter á sorte da túa parte.

LXXIII


Esta foto non ten pérdida ningunha, aparte da miña sobresaturada mostra de cariño a papi Daviso, hai que notar que estabamos na Sala Capitol a punto de ver a Trivium e tal.
Pero o máis épico da foto, que meu irman soubo captar á perfección, son os jichos de atrás, que non se sabe si se están sacando un selfie, flipando con unha noticia de ABC sobre a ideología de género, ou sacándonos unha foto porque nunca viran a dúas personas expresar o seu amor libremente.
Esta foto pode considerarse unha obra post renacentista, porque se aprecian varios planos de acción na escena, un contraste divisorio entre os protagonistas, os secundarios e a plebe de detrás, e sobre todo, un elemento ambiguo que dá lugar a debate, como podería ser a Sonrisa da Mona Lisa, ou a duda de que facían eses pavos co móbil.(*)
*: Como poderedes comprobar, non teño puta idea de historia do arte, así que alguén que estudie bacharelato de artes me asesore para futuros textos, que facer algo ca cabeza de vez en cando non vén nada mal.
Para máis textos improvisados, seguide a @pablogodanza , pero non á súa conta de fotos, esa conta é 100% postureo comercial.
E nada, feliz magosto

jueves, 5 de abril de 2018

LXXII

Las noches eran lo peor. Jimmy se levantaba de noche, sudando y sin saber exactamente qué había pasado. Seis meses después, aún se sentía extraño mirando aquel techo, ese mismo al que miró durante toda su infancia, ese mismo techo al que rezó tantas veces por él y sus seres queridos.
No, aquel ya no era su techo. Su techo era el cielo oscuro, iluminado por las bengalas nocturnas y los fogonazos.
Su madre lo miraba disimuladamente durante las comidas, y Jimmy podía ver en sus ojos el terror. Ese terror que invade a una madre al saber que su hijo ya no es ese niño al que ha criado.
Aquel ya no era su techo. Ni su casa. Ni su madre.
Se había convertido en un extranjero en su propio hogar.
Continuará...

LXXI


Os anos pasan, e eu sigo sin verlle a forma de rana a esta pedra. Se cadra é porque non a miro desde o ángulo adecuado, aínda que algunhas veces si que me ten parecido que ten esa forma. De todos modos, é un mirador tope chulo pa sacar postas de Sol, unha fábrica de postureo, ou incluso unha excusa para comentar que se ve a miña casa desde el.
En fin, que esto de escribir textos improvisados cando estou subindo a foto non é típico de min, eu son máis de que me veña a inspiración un día as 3:54 AM, enceder as luces da habitación e darlle gas ao bloc de notas do móbil, e todo esto para que Insta non me deixe publicar os textos enteiros.
Ao mellor debería facer un blog
Pero un blog de verdad, pa escribir
Ao mellor debería baixar o nivel de calidade dos textos aos que estades acostumbrados, e colarvos máis paridas coma esta.
Ao mellor debería deixar de dicir "igual" en lugar de "Se cadra" ou "ao mellor". Vijo cámbiame
Ao mellor debería levantarme e desayunar, e acabar de escribir esto.

LXX

"Soy un agente del caos"
Esta frase é unha das míticas do Joker en El Caballero Oscuro.
Pero, que é o caos?
O caos suele asociarse a algo malo, a algo que debemos evitar, pero non penso que sea así exactamente.
O caos é o estado natural das cousas, a naturaleza é caótica, non sigue unha distribución arbitraria predefinida máis alá do que as leis da física permiten.
O caos é tan natural que o necesitamos nas nosas vidas. Pódese vivir no caos, pódese disfrutar do caos, xa sexa mental, personal, ambiental, etc.
É certo tamén que todos necesitamos calma e orde, pero non creo que sexa posible vivir nalgún dos dous extremos, nin penso que a vida se basee en buscar a orde absoluta.
O caos está en todos lados.
Está presente na miña habitación un domingo, na miña mente cando me vou durmir e escribo estas chorradas, na máis bonita das pinturas de Velázquez.
Alí onde vaias, atoparás caos.
Hai caos na mente de cada un de nós, hai caos nunha canción de Pablo Alborán, e hai orde nunha canción de metalcore. Nun pogo no Resu hai caos, pero estar dentro del é unha das sensacións máis indescriptibles que vivín nunca.
Hai caos no amor, no odio, na bondade e na maldade. Pode haber orde e limpeza no máis infame dos seres, e pode reinar o caos absoluto na persoa máis bondadosa que coñezas.
Caos é saír a tope un xoves sabendo que ao día seguinte tes clase.
Caos é deixarte levar polas emocións, e facerlle un corte de manga á orde e á calma, en beneficio de ti mesmo/a.
Caos é tomar decisións pensando no aquí e agora, e non no Alí e mañá
Todos necesitamos deixar que reine o caos nalgún momento das nosas vidas. Todos necesitamos pisarlle un pouco máis ao coche, tomar ese último chupito de Jager, perder ese tren, pisar esa merda nas escaleiras da Seara, vivir ese momento
Porque, aínda que algúns momentos de caos poidan considerarse erros, necesitamos vivilos para poder saber o que son
Sae á rúa e tira un molotov, pinta nun muro unha frase que alivie o teu enfado coa vida, rompe un xarrón cun bate de béisbol... Pero ante todo, disfruta
Porque se cadra mañá xa non poderás facelo
As normas están​ para manternos en orde e calma, e ninguén máis ca nós pode decidir que facemos coa nosa vida

LXIX


Buceando polo meu álbum chamado "sunset", onde gardo todas as fotos que lle quito ás postas e saídas do Sol, atopei esta foto.
Xa subin unha foto deste mesmo día, con estes dous chavales que aquí me acompañan. E non puiden evitar pensar en todas as fotos e textos que perdin canda o meu anterior móbil aquel fatídico 9 de Febreiro de 2016, vendo ao meu grupo favorito.
As cousas son así, fráxiles, en dous segundos podes perder todo aquelo que creías imperdible. Ahora pensa en Instagram, en todas esas fotos, emocions e todo o que tes aquí metido. Está todo gardado nuns servidores que posee Facebook. Pois en calquer momento eso pode desaparecer, podes perder todas esas vivencias que pasastes gracias a (ou por culpa de) esta rede social. Como a moitos nos pasou con Tuenti.
Está ben construir un pouco da túa vida aquí, pero non a apoies totalmente.
A única fortaleza infranqueable para o paso do tempo é a memoria, e só se volve inamovible se recordas un momento que vala a pena recordar.
Non recordo por que sacamos esta foto, pero o momento teñoo grabado na mente, e de aí non se vai mover. Aínda que dentro de 20 anos esta foto non exista, o recordo prevalecerá.
Non fagas recordos, fai momentos.
PD: Unha posta de Sol en blanco e negro tamén pode ser bonita

LXVIII

O concepto da liberdade é paradóxico.
Sabedes esa frase de "a túa liberdade termina onde comeza a dos demáis"?
Pois é tan contradictoria como dicir que USA é o país da liberdade.
Refierome, que a liberdade implica poder facer o que che sala das gónadas, non? Eso é ser libre, pero a frase de antes implica que a túa liberdade está limitada polos demáis. Que pasa, que só seremos libres si estamos sós?
Ata que punto se pode ser libre, libre ao 100% sen limites? Está a nosa liberdade limitada tamén polas leis físicas?
Eu son libre de sacarme esta foto postu, de subila e plantar este texto así a destranjis. Pero non son libre, por exemplo de poñer uns pezóns femininos na foto (pero uns masculinos si, que cousas), nin son libre de poñer un texto a hostia de largo.
Onde, cando e con quen serei libre?
Creo que son preguntas para as que cada un temos unha resposta.
Pero teño moi claro que somos libres na nosa mente. Pero non ao 100%, xa que hai cousas que non somos capaces de imaxinar, como algo en 4D ou 5D. Ou un color fóra do espectro da luz visible.
Pero no personal, na nosa mente somos libres de pensar, de crear, de opinar, de soñar, de sentir e de imaxinar.
Pero a liberdade da nosa mente, por desgracia, remata onde comeza o muro da realidade.
Se ques ser libre, non te deixes dominar por ninguén, nin siquera polos teus principios. Mantente fiel a ti mesmo/a, pero sen autodominarte. Déixate ser libre.
"Fuck it! I'm a dreamer and I'm dreaming on."
-Sam Carter, vocalista de Architects-

LXVII

Dise que unha vez Abraham Lincoln, durante un acto deu un discurso tan emotivo e inspirador, que os periodistas que alí estaban non anotaron nada do SUSOdito discurso, xa que quedaron pasmados coa súa grandeza. Sona a historia inventada para ensalzar o patriotismo americano, pero non é a eso ao que vou.
Fai case un ano, durante un concerto de Architects que tiven a oportunidade de disfrutar en Madrid, Sam Carter dou un discurso antes dunha canción sobre o odio. Viña dicindo algo así como que hai moito odio no mundo, e que está nas nosas mans ser as personas que lle aporten ese amor que tanto falta, porque a negatividade estanos matando a todos.
Pois bueno, xa escribin sobre a negatividade antes, pero sobre o odio non.
Entendo que Sam Carter queira darnos unha mensaxe profética, pero é jodidamente difícil vivir intentando facer cousas boas e sentarte a esperar que che pasen cousas boas. É difícil creer en que todos merecemos algo cando, despois de dar todo de nós, aínda nos piden máis sen dar nada a cambio.
É difícil sonreirlle a alguén en vez de partirlle a cara.
Así que, joder, está ben que odiemos, odiar descarga sentimentos que non podemos descargar doutra forma.
Pero se es desas personas que cren en que todos merecemos ser tratados como nos tratan, deixa de odiarte a ti mesmo/a por non ser o que os demáis esperan de ti, e odia a quenes de verdade o merecen. Odia aos que odian aos demáis por motivos absurdos coma a cor da pel, ou a orientación sexual. Odia aos que se aproveitan dos desfavorecidos para obter beneficio propio. Odia aos de Podemos se ques, ou aos do PP, ou ao PSOE, ou a todo aquel político que se acostumbra a unha silla no congreso. Odia a quen che traiciona, a quen se aproveite de ti, a quen che pide todo e non che da nada, ao que che pide os apuntes porque non currou en todo o cuatri (Sanfa non me odies), a quen algún día se riu de ti en vez de apoiarche, a quen che dixo que non serás quen queres ser.
Pero nunca te odies a ti mesmo/a, porque ti só te debes amor.

LXVI

Como moitos/as de vós sabedes, sempre me gusta darvos ideas sobre como gañar cartos de forma fácil e rápida. En anteriores publicacións faleivos do éxito que tería un McDonald's en Ribeira, de como facer terrorismo forestal, de como enriquecer Uranio-235 no voso garaxe, ou como construir un cañón Gauss para poñer cargas útiles en órbita sen emitir gases de efecto invernadero á atosfera.
Pois falemos de ideas de negocios (bueno, en realidade o que fala aquí son eu e despois se ques comentas algo)
Pois a idea vén sendo que te compres/alquiles/invadas unha isla no atolón de Bikini, no Pacífico. Digo no atolón porque despois das probas nucleares levadas a cabo por USA durante a segunda metade do S.XX, a radiación que hai alí axudaranos. Unha vez estés habitando a isla, coa túa correspondente protección anti radiación, podes sintetizar o Uranio 235 como che enseñei previamente. Despois, constrúe un reactor de fisión para obter electricidade, e constrúe un cañón Gauss. Feito todo isto, podes cultivar plantas radioactivas que crecerán en tempo récord e con increíbles propiedades (tomacco, María azul con sabor a pepsi cola etc) e poderás distribuir os teus cultivos a nivel global, poñendo paquetes en órbita co teu propio cañón Gauss!
Riome eu dos de Amazon intentando entregar paquetes con drons XDD

LXV


Dicía Bunbury, nunha canción con Héroes del silencio que "todo arde si le aplicas la chispa adecuada". Por outro lado, Winston McCall, cantante de Parkway dicía "somos chispas nun mundo escuro". Tamen Sam Carter de Architects postulou que "Só Deus sabe por que fomos feitos para arder". E entre todas estas referencias a cancións que me encantan, hai un tema en común, o lume (fuego, de ahora en diante, que eu digo así e gustame escribir como me sale do nardo)
O que me gusta desta foto é que parece que, tanto o ceo coma a auga están en llamas. Parece que alguén quixo prender dúas cousas ignífugas e inmensas, e que só lle tivo que aplicar a chispa adecuada para crear un espectáculo tan asombroso.
Encantame o lume (poñer "fuego" quedaba demasiado mal, así que paso)
Encantame porque representa perfectamente todas as cousas da vida, porque é o que nos fixo deixar de ser seres naturales.
Explicome: o lume aporta calor, si te vas demasiado lonxe del, pasas frío, pero si te acercas moito queimaste. Da luz na escuridade, pero demasiada luz pode cegarnos. É unha metáfora que nos ensina que os excesos e os extremos nos fan dano. Que a virtude reside nun punto medio (esto son cousas de Aristóteles)
E o de ser naturales, pois é simple: no momento en que aprendemos a usar o lume como ferramenta para cociñar, para alumbrar... En ese momento nos convertimos en humanos, en seres post-naturais que se alonxaron das súas raíces para deixar todo atrás. Para ir cara adiante, sen pararse a botar en falta o que atrás quedaba. Eso é o que máis admiro da nosa especie.
Encántame esta foto, porque, aínda sabendo que ocorre tódolos días, é bonito pensar que alguén tivo o valor de prenderlle lume a algo para deixalo máis bonito mentres durase. Para que, durante un preciso instante, todo fose espectacular. O que viñera despois daba igual, o importante era ver o ceo pintado dun intenso vermello anaranxado, coma se Deus estivese sangrando porque a alguén se lle dese por apuñalalo.
Smoke on the water, and fire in the sky.

LXIV

Hooooola, que tal?
Viña a explicarvos algo realmente importante, e que pode que vos cambie a vida. Vale, se cadra non tanto, pero ao mellor faivos pensar no tema aínda que sexa 5min, que é o que pretendo cando escribo estas mierdas. Pois aí vou:
Un truco de maxia é algo espectacular, ou pretende selo. Se vos fixades, a maioría dos trucos de maxia son pura teatralidade, unha posta en escena increíble, que o único que busca é distraernos para causarnos un engaño. Agora ben, aínda que a posta en escena sexa a repolla, o truco non suele ser máis que algo simple. Peeeeeeero o bonito da "maxia" ou ilusionismo, reside en non saber cal foi ese engaño tan simple, deixándonos a todos impresionados, pero con certa curiosidade por saber a verdade, pese a que en realidade, eso decepcionaríanos e rompería a marabillosa ilusión que nos creou a posta en escena.
Pois ahora ven a parte psicolóxica.
Hai dous tipos de persoas: as que saben realizar unha posta en escena, e as que non a necesitan.
A xente que sabe realizar postas en escena parece que son todo aquelo que sempre quixestes ser, unha idealización do que ven sendo unha persona. Todo esto hasta que un día ves a esa xente entre bastidores, sen a súa teatralidade habitual, e a ilusión rompese, facendonos ver que son máis simples que a comida dun estudante Universitario en primeiro ano.
Pero despois está a xente que, ben porque non saben, ou ben porque non lles interesa, non teñen unha boa posta en escena, que son coma unha novela boísima encuadernada con papel de periódico, xente á que, si lle prestas a atención suficiente, che sorprenderán moito máis que o maior dos trucos de maxia.
E que ten que ver este texto coa foto? Pois na, que me puxen a probar roupa pa fin de ano, e eso derivou en que me puxen a facer o tonto (hostia que raro non?), o cal derivou nesta foto, que me fixo pensar en "El truco final" unha pedazo peli (das miñas favoritas) de Christopher Nolan, que trata sobre magos e todo o mundillo, e eso derivou en que, con un pouco de meditación, escribise este texto.
Despois de tanto derivar máis vale que me aproben calculo I, joder.
Veña! Feliz 1890!

LXIII

Sonreír é un dos mellores regalos que se poden facer. Estuven mirando, e deime conta de que apenas sonrío en fotos, si ben é certo que sonrío en moitas ocasións.
Sonrío cando algo me fai gracia
Sonrío ao saludar a alguén
Sonrío cando me dan o cambio nunha tenda
Sonrío cando vexo a alguén a quen botaba de menos
Cando as cousas me van tan mal que parece que non poden ir peor, sonrío, por non chorar.
Cando me preguntan "cómo vas para el examen?" (Ninguén me pregunta eso en galego) sonrío, aínda que vaia de cú.
Sonrío cando canto Otherside dos Red Hot Chili Peppers no ventilador da pastelería Fina de Ribeira.
Cando alguén leva a razón, e por tozudo me nego a admitilo, sonrío.
Sonrío cando intento mentirlle a miña nai, porque sei que é imposible.
Hai veces que incluso me sonrío a min mesmo no espello, porque nalgunhas ocasións, falta quen che regale un sorriso.
Sonrío nos momentos felices, nos tristes, nos confusos e nos adversos. Pero non sonrío en fotos. Por que?
Penso que a felicidade dun momento reside en que sexa efímero, en que se poida acabar para que, cando pase o tempo, sepamos que nese momento fomos felices. Por eso non me gusta sonreír en fotos, porque se bota a perder o momento. Porque regalas un sorriso a todo aquel que vexa a foto.
Nesta foto estaba contento, rodeado de xente que me fai feliz, un día bastante feliz. Pero non sonrío na foto.
A clave da felicidade non está en sonreír, pero a clave de sonreír si que está na felicidade.
:)

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...