sábado, 11 de junio de 2016

Para que vas á Universidade?

Un día, nunha cea, pregunteille a un compañeiro de clase que se explicara nunha clase de física á que non puidera asistir. Este compañeiro, alí no restaurante, comezou a explicarme que eran as Correntes de Foucault, pois polo visto toda a clase xirara en torno a este fenómeno electromagnético.
Desafortunadamente, a súa explicación viuse interrumpida polos demáis comensales que se atopaban connosco, baixo o sólido e destacable argumento de "no habléis de cosas de clase ahora, que me rayáis". O meu compañeiro deixou o tema a medias, e nunca máis volvemos falar das Correntes de Foucault.
E digo eu:
Por que non podo falar de electromagnetismo con un amigo nunha cena, cando a xente que se atopaba alí estuda o mesmo ca nós?
Por que existe unha especie de norma non escrita que che obriga a odiar os temas relacionados cos estudos?
Se estás na universidade, é porque queres estar nela, porque (en teoría) te esforzaches para tratar de entrar a unha carreira que che apasiona, e queres adicarte a ela en corpo e mente.
Eu emociónome cando vexo un avión nunha liña de produción, ou cando en clase o profesor de Física fai demostracións experimentais e nos explica, por exemplo, que fai que un avión se sustente no aire.
Pefiro ver un documental sobre construccións antes que ver como nos deportes comentan qué almorzou Cristiano Ronaldo antes de bañarse na piscina do seu salón, ou que futbolistas pasaban o seu tempo libre en festas sexuais con menores de idade.
Pero por outra banda, hai xente que estuda comigo que non parece amosar tanto interés pola carreira que escolleron. Non parece que queiran ser enxeñeiros.
Non é raro ver xente que vai á universidade porque si, porque non ten nada mellor que facer.
Moitos estudantes cren que a etapa académica se basea en estudar ata acabar a universidade e traballar en algo relacionado ao que estudaches. Porque todos queremos ser médicos, avogados, enxeñeiros, empresarios.... Ou non?
Ningún rapaz de 8 anos che dirá que de maior quere ser soldador, ou técnico informático. Por que?
Pois é sinxelo, porque o sistema educativo impúlsache a adquirir coñecementos únicamente teóricos, e trata de facerche ver que a meta é ter o máximo número de títulos e diplomas posibles para poder colgalos na parede dun despacho.Trata de facerche crer que a Formación Profesional é só para aqueles fracasados que non puderon entrar na universidade. Trata de facerche pensar que por ser universitario xa eres mellor ca os demáis. Pero non é así. O propósito da educación é formar xente, formala e preparala para a vida, non para presumir de ter un doutorado.
A educación tradicional basease en que un profesor explica aquilo que leva vinte anos explicando, a modo de monólogo, mentres o alumnado trata de reter esa información. A educación tradicional priva ao alumno de opinión e capacidade para criticar nada, porque o alumno é un ser inferior ao profesor, xa que este ten máis coñecementos na materia.
E é por iso, cando ocorre que, nunha clase de sesenta persoas, todos miran raro á única persoa que se atreve a dicir o que opina, e a tratar ao profesor coma un igual. E sen sabelo, son eles quenes, de forma involuntaria, están oprimindo a opinión dun compañeiro. Ou é por iso, que a xente que está ceando mira raro aos rapaces que están falando de electromagnetismo, en vez de falar do diñeiro que gañaron apostándolle ao Madrid a semana pasada, como fai todo o mundo.
Non pretendo dicir que a xente que se lle dou por estudar enxeñería non deba estar na carreira, nin moito menos, senon que, se de verdade lles gusta o que estudan, non o aparentan.
Realmente dubido de que a xente que se supón que é o futuro do país sepa que quere facer co seu propio futuro.
Se cadra a culpa non é do sistema, nin da xente. Se cadra é miña por pensar dunha forma tan diferente, e aportar un punto de vista tan pesimista.
Por certo: Unha pregunta do exame de Física II era sobre as Correntes de Foucault. E si, fallei esa pregunta, xa que despois daquela conversa a medias, nunca máis lle din importancia ao tema.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...