miércoles, 15 de junio de 2016

Quen sementa ventos...

Hoxe interceptoume un testigo de Jehová pola rúa. Entroume cunha pregunta moi directa: “Que leva á xente a cometer actos de maldade?”
Relacionando esta pregunta co recentemente sucedido en Orlando, tamén me citou varios exemplos de violencia sen sentido (a dicir verdade ningún tipo de violencia ten sentido), coma o yihadismo, os parricidios etc.
Obviamente non quixen pararme a debatir sobre psicoloxía co señor, pois ambos tiñamos cousas que facer. Tan só lle dixen que “neste mundo hai moita xente, e entre tantos tiña que haber algún chalado”
Pero tampouco é así. Todo ten un motivo, un inicio, un “desencadenante” como din en Mentes Criminales.
Que pasaría se, durante a Guerra Fría se deixase aos países árabes autodesenvolverse?
Que pasaría se USA non se metera no conflito entre Israel e Palestina?
Que pasaría se non houbese a Guerra do Golfo?
Que pasaría se Bush, Aznar e Blair non enviasen tropas a Irak?

Bueno, sen dúbida as cousas terían sido moi diferentes. Pero claro, cando pasan trinta anos, e os pobos dos que se aproveitan as potencias económicas se ven en situacións desesperadas, recorren aos radicalismos. Non é de extrañar que nun país con alto nivel de pobreza, violencia á orde do día e un nivel decadente de educacion xurdan radicais dispostos a acabar coa cultura de occidente. Normal, foi a cultura de occidente quen decidiu “pacificar” os seus países, e xa de paso, cobrarlles un pouquiño (bastante) de petróleo.
Estou xustificando os actos yihadistas? En absoluto. Opino que todo tipo de violencia é infundado, e que empregar a violencia no nome dun deus e dunha relixión que defende a paz é absurdo, á par que ridículo.
Pero cando hai atentados en París, Bruselas ou Orlando botamos as mans á cabeza. “Atentado contra a liberdade de expresión!” dicían con Charlie Hebdo, cando a revista sabía que estaba ofendendo a un colectivo que lles podía causar problemas. E claro, despois xorden os comentarios de “hai que matalos antes de que nos maten a nós” e veña, que envíen tropas, que envíen máis xente da nosa a morrer nunha guerra sen sentido, pois o verdadeiro inimigo está dentro de nós, non en Siria.
E quen sae gañando deste percal? (Porque en toda guerra hai un gañador, claro) Pois moi simple, a ultradereita.
Hai xente que non me crerá cando digo que a Donald Trump lle alegrou o atentado de Orlando, porque apoia o seu discurso xenófobo, e a xente acabará odiando cada vez máis os musulmáns, cando os yihadistas non son nin o 1% da poboación musulmana. Le Pen tamén estaría coma unhas castañuelas cando foi da Sala Bataclan, porque seguro que gañou votos, por non falar co rechazo ao tema dos refuxiados, cando estes están fuxindo do mesmo do que nos intentamos defender nós. E así, acaba producíndose unha escalada de violencia. Os yihadistas cada vez máis fortes, e a ultradereita cada vez combatíndoos máis.
O terror seméntase entre a poboación dos países desarrollados, que é o que pretende o Daesh.
Pero deberíamos pensar que non se está sembrando nada en nós, senón que nós mesmos estamos recollendo o terror que sembramos por alá a finais do S. XX
Porque, quen sementa ventos, recolle treboadas, e quen sembra guerras, recolle terrorismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...