Chegou o momento de que empecemos a crer en nós. O momento no que consigamos deixar atrás esa voz que nos di que non somos o suficientemente bos como para merecer o que temos.
Non podemos seguir tendo ese autocomplexo que nos impide facer cousas que nos gustaría só porque pensemos que nos quedan grandes.
Ese complexo de inferioridade non fixo máis que frearnos á hora de acadar cousas que non sabiamos que podiamos facer.
Cada vez que pasas de intentar algo porque "non ques facer o ridículo" estás plantando a flor do arrepentemento, que non traerá máis que dor cando chegue a primavera.
Un día dixeronme que sempre nos imos arrepentir máis daquelas cousas que non fixemos que das que si fixemos.
Chegou o momento no que nos toca dar o salto.
Cólleme a man e non mires atrás.
viernes, 26 de febrero de 2021
CXL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
No hay comentarios:
Publicar un comentario