viernes, 26 de febrero de 2021

CXXIII

Tomar decisións é algo extremadamente complicado. Desde que camiseta poñerte, hasta que nombre poñerlle ao teu fillo, pasando por que tipo de mordaza poñerte cando vaias á cita das 6 ca dominatrix, todo son decisións que, en maior ou menor medida, afectarán ao futuro inmediato.

E o tema é que existen certas posibilidades de que unha pequena acción acabe provocando unha moito maior, o "efecto mariposa, lle chaman"
Imagínate esto: Un operario dun ayuntamiento decide colocar unha papelera nun sitio concreto, ao lado dunha carretera. Anos máis tarde, unha persona paseando ve que a papelera está moi lonxe, e decide tirar os restos da súa mazá á cuneta. Unha hora despois, a mazá está petada de mosquitos, dos cales un se extravía, e acaba revoloteando pola carretera, xusto cando pasa un pavo en moto, que un día decideu que un casco tipo jet ca cara descuberta estaba to flama, co cal, o mosquito se lle mete no ollo, perde o control da moto e se estampa, deixando huérfano ao que despois sería o mismísimo Albert Einstein (ok, non)
E dirás que "bah, exagerao, eso non pasa oh" e pode que non, pero existe certa posibilidade de que se den as condicións exactas para este suceso.
E sinon, párate a pensar no cúmulo de circunstancias que levaron á túa existencia: e se teu pai quedase na casa o día que coñeceu a túa nai? E se teu tatarabuelo a palmara por tifus antes de ter fillos? E se túa avoa non quixese casar e se metera a monxa?
Quen iba decir fai 80 anos que ti (e únicamente ti, co teu propio genoma) iba acabar nacendo?
Sen darnos conta, nós mesmos somos as maiores casualidades das nosas vidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...