Hoxe en día estamos saturados de información. Temos acceso a todo o coñecemento da historia da humanidade desdo teléfono que levamos no bolsillo. Tanto é así que necesitamos estar informados en todo momento, miramos o móbil cada 10min para ver se temos notificacións, abrimos Instagram para ver que está facendo a xente que coñecemos, e mesmo publicamos absolutamente cada detalle da nosa vida.
Chegamos a un punto onde a información ten unha vida útil moi reducida. Se vemos un vídeo unha vez, xa non temos necesidade de volver a velo, necesitamos novo contido constantemente. Por eso os Youtubers non prosperan se non suben un/dous vídeos por semana (ou incluso día).E o problema desto é que non valoramos a información que nos chega. Quero dicir, podes ler algo interesante cada día, pero ao final, entranos tanta información que nos saturamos, e pasado un mes xa non lembramos nada do que lemos o mes anterior.
Por exemplo, vas ler este texto, vas seguir deslizando para ver máis fotos que o (asqueroso) algoritmo de Instagram che coloca nunha orde de popularidade, e a semana que vén casi non lembrarás de que falo aquí.
Se cadra, algún día falamos ti e máis eu e lembramos de que trata este texto, pero ata entón só será un texto perdido nun mar de información que seguramente non necesitemos nunca.
Isto pode ser unha forma de manipulación tamén. Senon párate a pensar nas noticias: cando pasa un escándalo, se o queren tapar, dous días despois comenzan a darlle bombo a outras noticias, para distraer a atención de cousas que non interesa que se sepan.
Se cadra sonache a teoría da conspiración, pero podes comprobalo prestando un pouco máis de atención ás noticias, e tratar de velas con outra perspectiva.
Non sei se as tecnoloxías nos están jodendo a vida ou solucionándoa, pero alegraríame que miraras nos axustes cantas horas de media miras Instagram ao día, e sacaras conclusións sobre o que te estás perdendo máis alá da pantalla do teu iPhone.
No hay comentarios:
Publicar un comentario