Un día, cando ía en segundo de ESO, veu ao meu insti Gonzalo Moure, un pavo que escribira un par de libros que nos mandaran ler. Pois nada, que o fulano empezou a darnos unha charla sobre os seus libros e toda a pesca. O interesante pasou cando lle preguntei que opinaba de que personas da miña idade naquel entón (13 anos) escribiran. O señor, sen case deixarme rematar a pregunta, comezou a dicir que non, que á idade que tiñamos non eramos capaces de escribir nada, e moito menos intentar publicar algo, que non, non, non e non.
E que queredes que vos diga, tocoume a moral bastante. Non só porque eu estaba empezando a escribir algunha chorrada, senon porque me pareceu unha falta de respeto tremenda.
Estou dacordo en que, con 13 anos, non se é maduro como para escribir cousas boas. Pero non pode ser que lle digas a uns rapaces que aínda se están formando, que non deberían escribir. A min desanimoume, e non foi ata bacharelato cando voltei á escritura. Pero se cadra houbo persoas que nunca voltaron, só porque un pollavieja subido de ego lles dixo que non podían.
Se cadra chegou o momento no que deberiamos cuestionar todo o que nos din persoas que "saben máis ca nós". Non digo botar por terra, pero polo menos preguntarnos se teñen razón, e por que a teñen. Non podemos permtir que persoas que se cren superiores por ter un par de libros publicados, ou mesmo por ser maiores, nos digan como temos que vivir as nosas vidas, que debemos e que non debemos facer.
Pensándoo, quizais se comezase a escribir aos 13-14 anos, agora escribiría moito mellor. Ou se cadra non.
Pero prométovos unha cousa: Se algún día publico un libro (que o vou intentar) irá adicado ao desjrasiado que me quitou as ilusións cando estaba na idade de ilusionarme.
Será algo así:
Para miña nai, por facerme tan ben
Para Gonzalo,por ser un cacho de merda.
viernes, 26 de febrero de 2021
CXXXIX
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario