Hoxe lin algo que me deixou un pouco pensando. Resulta que hai por aí unha teoría que di que hai como unha rede que se extende por toda a Terra, interconectando distintas especies, formando o que vén sendo a “madre naturaleza”, como din nas pelis.
Esta teoría plantexa tamén que nós somos a xunta de tódalas nosas células, e que cada unha delas ten consciencia propia, sendo nós o ente máis alto, que aglutina toda esta suma de conciencias independentes, formando unha soa. Desta forma, terminaría chegando un momento no cal todas as conciencias de todos os seres vivos se xunten, formando un ente supremo, que sexa a suma de todo o que somos, coma se foramos un único ser.
Seguramente, chegados a este punto, non teñas nin idea de que acabas de ler e te preguntes que carallo me pasa na cabeza. Porque si, entendo que é unha teoría descabellada, e tamén admito que non lin máis de 5min sobre o tema, pero levoume a pensar nunha cousa:
Non é necesario andar con movidas pseudocientíficas para conseguir unha “unión” entre distintas persoas actuando coma unha sola. Basta con darlles algo no que crer, con darlles a necesidade de pertencer a un grupo, porque está presente na conciencia humana que nós solos somos máis débiles, e que necesitamos estar en grupo para sobrevivir, para ter unha vida máis fácil.
Desta idea poden xurdir cousas coma ser seareiro dun equipo de fútbol, pertencer a un movemento político, a unha cultura musical determinada, etc. Conseguindo unir a moitas persoas baixo unha soa idea, unha soa consciencia común, na que todos os participantes se vexan representados e identificados.
Non obstante, pode darse o caso de empregar estes grupos para dominar á xente, moitas veces sen que esta se sinta dominada. Por que se non, os do Celta teñen que odiar aos do Depor? Por que os do PP teñen que odiar aos de Podemos?
Chegará o día no que exista un sentimento tan común e plural, onde todos os humanos poidamos vernos unidos e representados, buscando únicamente o ben común?
viernes, 26 de febrero de 2021
CXLIII
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario