Hasta que punto estás controlado pola sociedade?
Vouche poñer un exemplo:Sabes ese pop-up que aparece nas páxinas web que che solta unha movida sobre unhas cookies, e lle tes que dar a aceptar?
Pois esas cookies básicamente recollen os datos do que buscas en internet para amosarche anuncios relacionados co que buscas, e así que resulte máis fácil que compres algo.
E dirás "bueno, non pasa nada, eu decido o que compro e o que non", ok, todo correcto. Pero ahora imaxínate que esa información a usan para, cando haxa eleccións, amosarche noticias sen contrastar en contra dos partidos políticos cos que simpatizas, e así interferir nas eleccións en favor de quen lles pague.
Pensa nos principais medios de comunicación. Quen controle un periódico improtante ten a capacidade de chegar a millóns de personas.
E cando les unha noticia, que che asegura que sexa verdade o que les? Hoxe en día é facil manipular un documento, un vídeo ou o que sexa, con tal de contar unha verdade distorsionada.
Goebbels, ministro de propaganda do réxime de Hitler, dicía que "Unha mentira contada ata a saciedade remata por convertirse nunha verdade"
De feito, se no título desta foto puxese que a foto está feita nun lago, onde as árbores se reflexan na auga coma un espello, moitos pensariades que é certo, pero, en realidade, é unha foto normal á que lle engadín un efecto espello.
Se eu podo enganar uns followers con 5min de edición no PicsArt, imaxina o que pode facer El País con un millón de euros.
O que digo é que, hoxe en día, parece que somos libres de facer coas nosas vidas o que queiramos, pero non nos damos conta de ata que punto o noso criterio está condicionado polo entorno e os medios de comunicación.
Por que o obxectivo de vida da maioría de persoas consiste en ter un traballo estable e unha familia? Se cadra porque, despois de ver tantas películas e anuncios onde a xente feliz vive en familias, nunha casa con xardín e un can chamado Rufus, pensamos que en iso consiste a felicidade. E simplemente seríamos unha engranaxe máis nun sistema baseado en recaudar máis cartos para mercar máis cousas.
Xa me dirás que tal os anuncios que haxa debaixo desta publicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario