viernes, 26 de febrero de 2021

CXXXVI

As persoas tendemos a etiquetar todo.

Hoxe en día, estamos sometidos a tanta información, e coñecemos a tantas persoas, que sentimos a necesidade de clasificar as cousas para poder tratar con elas.
Por exemplo: Calquera cousa medianamente científica = cousas de clase, saír de festa = alcol e música, persoa que saca boas notas = sociópata etc, etc.
O último dos exemplos que puxen é no que me vou basear (porque dos demais xa escribin sobre eses temas en particular).
É algo terriblemente desacertado poñerlle etiquetas ás persoas. E non o digo polas etiquetas en si, senon porque, ao etiquetar algo, simplificámolo. E non se pode simplificar ás persoas, porque nos perdemos cousas. Por moitas etiquetas que lle poñas a alguén, van haber cousas que esa etiqueta non describa..
Eu son moito máis que "O chaval que escribe textos enormes en Instagram", ou "El chico de clase que habla gallego con acento de pueblo". Hai cousas de min que non entran nesas definicións. E, da mesma forma, probablemente alguén a quen coñeces e que non lle prestes atención por terlle unha etiqueta que che faga pasar por alto detalles que che encantarían. O cani da túa clase que se cree máis ca todo o mundo, se cadra ten unha chea de problemas internos que só el sabe. Ese chaval de clase que saca sobresaíntes, se cadra, non se pasa a vida achantado na casa chapando.
Cada persoa é un mundo, e penso que a todos nos gustaría descubrilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...