viernes, 26 de febrero de 2021

CXXIV

 Creo que un solo texto non dá para expresar todo o que é a Dorna para min.

A palabra que mellor se axusta a como me sinto ahora é "orgulloso"
Orgulloso de formar parte de algo tan increíble e genial como Tocando Fondo. En dous anos de peña participamos sempre no que puidemos, dando sempre o mellor de nós, e intentando ter representación na Festa.
Orgulloso de todas e cada unha das tardes que pasamos construíndo ese trasto que vedes na foto.
De verdade que é indescriptible o que se sinte cando ves materializarse algo que saleu das nosas mentes. E máis aínda cando ves que funciona, e supera todas as expectativas.
Orgulloso de non facerlle caso a todas eses comentarios de "e vós ides baixar nesto?" "Eso parte fijo" "tanto traballo pa esta mierda?" "Yo no lo veo demasiado bien" etc. Pois ese trasto calouvos a boca a todos/as.
Pero do que máis orgulloso estou é de ver como, durante unha semana (e incluso de antes) nos organizamos todxs para poder levar acabo algo tan grande, tendo apenas 20 anos.
Gracias a toda a peñita de Tocando Fondo, e viva a Festa da Dorna hostia
Avante sardiñeiro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...