E outra vez exames.
E outra vez a chupar biblioteca.E outra vez a agobiarse.
E outra vez a ver como, despois de facelo o mellor que puidemos, un número dinos que somos menos que alguén. Porque nesta vida parece que somos números: somos un DNI, somos a cantidade de cartos que temos no banco, somos o noso número de teléfono, a nosa nota de selectividade, os centímetros de polla, a talla de sujetador, os kilos que pesamos, os anos que temos.
E outra vez nadal, esas datas onde todos "somos felices" só porque sexa tradición "estar feliz" nestas datas.
Pois sorpresa, non todo o mundo pode ser feliz cando quere, ser feliz ten máis complicación que esperar a que sexa Decembro.
E outra vez fin de ano, para que xente á que apenas vexo e ca que nunca falo veña dicirme "felis ano you, fálame sempre" e veña, a esperar outro ano para volver a falarnos.
E outra vez un ano novo, pero "que non, que este ano vai ser diferente, porque en 2018 cagueina incontables veces e a partir de agora vou ser unha persona totalmente distinta" só porque haxa que sumarlle un ao ano no que estamos.
E outra vez a pasarnos polo forro dos huevos o noso "novo eu" en dúas semanas.
E outra vez a volta á normalidade, a deixar de "ser feliz", e a seguir estudiando/currando para poder ter máis cartos no banco, pesar menos, ter un coche mellor que o veciño etc.
E outra e outra e outra vez a dar máis para intentar ser máis.
E o ciclo segue ata que un día o único número que importa de verdade son os anos que malgastastes intentando ser máis que os demais, en vez de ser máis ti mesmo.
Como diría Tyler Durden: "non somos o noso traballo,
non somos a nosa conta corrente,
non somos o coche que temos,
non somos o contido da nosa carteira, non somos os nosos pantalóns.
Somos a merda cantante e danzante do mundo"
Somos persoas, non números.
Feliz nadal, e próspero aninovo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario