viernes, 26 de febrero de 2021

CXXV

 Atreveríame a dicir que o meu vixésimo ano neste pedrusco espacial chamado Terra foi dos máis duros que recordo. Protagonicei o peor curso da miña vida, apenas puiden cumprir algún obxectivo que me propuxen, deille demasiada importancia a cousas que non o merecían, non me fixen un tatoo, perdín xente, etc.

Pero, a pesar de ser un desastre de persoa, estou bastante satisfeito con este derradeiro ano, porque resulta que cando as pasas putas, maduras.
Cando a vida che dá hostias, maduras.
Cando aprendes a fracasar, maduras.
Cando te dás conta de que as cousas nunca volverán ser coma antes, que a xente que marchou non volverá sendo da mesma forma que antes (se é que algún día volven), que a túa casa é menos casa cada día que pasa (toma aliteración pa tu body), que xa non aguantas de festa tanto coma antes, que beber a tope cando saes carece totalmente de sentido... Cando te paras a pensar en todo iso, maduras.
E madurar non só consiste en estar representado por unha cifra maior de anos, para nada. Madurar consiste en ter a capacidade de saber darlle importancia ás cousas que realmente a teñen.
Pode que cando tés 17 anos, beber media botella de Jagermeister mentras ves á Panorama sexa algo extremadamente importante, pero cando xa saístes o suficiente, e xa bebestes dabondo, algunhas cousas coma esa perden importancia.
Pese a todo, non se necesita cumprir 20 para madurar, basta con ter un pouco de autocrítica e xa está.
Se cadra madurar consiste en comezar a escribir textos en galego normativo.
21 anos neste pedrusco, e só quero agradecerlle a toda esa xente que estivo, está e estará, que me aguanten con tanta paciencia.
En serio: non sei como, chegados a este punto, ninguén me pegou un par de tiros aínda.
Será que son demasiado maduro para andar en tiroteos.
Ou demasiado infantil como para que alguén se digne a matarme.
Quen sabe, se cadra só lle estou dando demasiada importancia a algo tan banal coma cumprir 21 anos.
Por certo, felices 21 Fran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...