Escoitaches algunha vez a expresión que di "nunca te bañas dúas veces no mesmo río"?
É unha cuestión de interpretación (coma todo nesta vida), xa que a súa veracidade depende de como entendas en que consiste un río.Resulta que un río é unha corrente de auga en constante movemento, co cal, si te bañas unha vez nese río, a auga na que te bañastes xa non volverá pasar por ese sitio.
Non obstante, se interpretas o río coma algo que sempre é o mesmo (ese río), a afirmación do principio carece de toda veracidade.
O que quero dicir é que a vida é un río, onde o tempo só avanza nunha única dirección. Só vivimos cada momento unha vez, nunca volverás experimentar o mesmo segundo que vivistes ao comezar este texto. Non nos damos conta de todo o tempo que estamos perdendo a cada segundo.
Perder tempo é unha adicción, coma fumar. Decimos que non pasa nada por perder un pouquiño agora, un pouquiño outro día... E cando te das conta, tes 68 anos, un cancro de pulmón en fase 3, e unha vida desperdiciada coleccionando billetes de Renfe Vigo Guixar - Catoira.
A vida pasa por diante dos nosos ollos demasiado rápido como para seguir deslizando o Instagram e ver o mesmo de sempre.
Molaríame conseguir que este texto che fixese bloquear o móbil e facer esa cousa que levas días pospoñendo porque "xa terás tempo para facela"
No hay comentarios:
Publicar un comentario