Que posibilidades había de que acabases lendo este texto?
Xa de por si, só unha terceira parte dos meus seguidores lle dá like ás fotos, e menos aínda len os textos.Pero a miña pregunta vai máis alá de se eres unha persoa o suficientemente barrenada como para prestarlle atención ao que escribo.
A miña pregunta refírese ás posibilidades de que ti e máis eu nos coñeceramos. Ás posibilidades de que todas as cousas que che pasaron na vida acabasen desembocando no momento no que soubestes da miña existencia e me seguiras en Instagram.
Cada día tomamos decisións que afectan ao futuro. Algunhas tan simples coma escoller a cor do boli co que facemos os exames, e outras como matricularnos nunha carreira, e coñecer á xente que agora forma parte da nosa vida.
Se eu soubese un par de chorradas máis cando fixen a selectividade, iría estudar ingeniería aeroespacial a Madrid, e a miña vida sería moi diferente agora mesmo, aínda que decidise achantar e volverme á terriña, habería moitas persoas ás cales non coñecería.
Persoas polas que daría moito (e outras polas que non daría nada).
Non hai nada que nos permita saber que consecuencias traerá unha decisión, por moi insignificante que sexa.
Por iso non comprendo á xente que se estresa co futuro. Penso que os humanos tendemos a querer controlar todo, e o futuro é algo que non podemos nin controlar, nin predecir con exactitude.
Penso que deberiamos aceptar que as nosas vidas están á deriva nun mar de caos aleatorio, e que simplemente a nosa labor consiste en non deixarnos afundir.
Como dixo aquel sabio:
Eu tampouco sei vivir, estou improvisando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario