viernes, 26 de febrero de 2021

CXLIV

As Crónicas do Prepucio, parte I:
Ano 2032, na sociedade occidental foise implementando pouco a pouco unha ideoloxía baseada no poder da circuncisión. Líderes circuncidados foron extendendo o odio cara a xente sin circuncidar por consideralos inferiores e culpables de diversas enfermidades de transmisión sexual, así como de varias crises económicas asociadas ao colapso dos sistemas sanitarios.
Filisteo era un dos derradeiros humanos europeos sen circuncidar, xa que súa nai o pariu nun búnker bosnio durante a Segunda Guerra Balcánica.
De feito, a sociedade creara unha policía especial para atrapar e erradicar ás persoas non circuncidadas. A Policía Circuncidal (PC) levaba tempo na procura de Filisteo, que estaba exiliado nunha das illas do Adriático, baixo o falso nome de Syrizo, comendo aceitunas nunha aldea branca a pé de praia. Todo o soño dun paria con prepucio, vaia.
Mala foi a súa sorte cando unha amiga súa da infancia lle comentou baixo tortura fimoidal á PC que o soño de Filisteo sempre fora vivir nunha vila mediterránea ao pé do mar.
A PC non tardou máis de 72 horas en atopar a Filisteo, pero este, nun inesperado xiro dos acontecementos, puido derrotar a patrulla grazas ao revolver do .38 que levaba gardado no prepucio.
Dende ese momento, Filisteo soubo que chegara o seu momento. Chegara o momento de liderar a Revolución dos Prepucios.
Ese día, Filisteo pasou a ser coñecido coma o Fillo dos Prepucios, destinado a percorrer o mundo unindo a todos os homes sen circuncidar para reclamar os seus dereitos, e poder protexer os seus glandes do mundo exterior en paz.
.
.
S/O á peñita do camping do Sonrías por estar sempre disposta a manter unha marabillosa conversación sobre prepucios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...