Sempre vin sentir vergoña como algo malo. Penso que, nesta vida, se perden moitísimas oportunidades por ter vergoña. Ese medo ao "que dirán", ou a que se rían de nós mata oportunidades únicas que nos brinda o azar. E todo por pensar máis na nosa imaxe que en nós mesmos. É por iso polo que non considero que a palabra "desvergonzado" sexa un insulto, máis ben debería figurar no dicionario coma un sinónimo de "atrevido", xa que, ser valente, consiste en gran medida en non ter vergoña.
Pero a vergoña da que quero falar vai máis aló de bañarte no mar en pelotas. A vergoña da que vai este texto é esa que sentimos sobre nós mesmos.Esa que non implica a ninguén máis ca nós.
Esa vergoña que aparece cando nos arrepentimos de algo que fixemos, cando nos miramos ao espello, ou cando sentimos que non pertencemos a onde estamos
Cando nos avergoñamos de nós mesmos, estamos autodestruíndonos, dende dentro, coma se dunha enfermidade se tratase.
E o problema desto reside en que, nun enfrontamento nós contra nós, sempre imos saír perdendo. É perfectamente normal arrepentirse de cousas que fixemos, pero non debemos deixar que eso nos coaccione, e moito menos que nos atormente.
Sentirse mal con nós mesmos por cousas pasadas non leva a ningunha parte. É por iso polo que, tarde ou temprano, temos que perdoarnos a nós mesmos, entender os nosos erros, e pasar páxina, tratando de facer as cousas o mellor que poidamos.
Porque, se non nos perdoamos a nós mesmos, ninguén o vai facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario