(Unha foto cun cabalo)
Hola, son Bubi e estou de volta cun texto plagado de castelanismos que, coma de costumbre, non ten nada que ver ca foto publicada.Hai unha sensación preciosa na que ves alguén ao outro lado dunha habitación, cruzades miradas e notas unha conexión instantánea durante o segundo que tardas en darte conta de que, seguramente, nin se fijara en ti.
Unha vez pasoume, e notei esa conexión tan intensa, que me quedei en shock durante varios minutos. Foi solo unha fracción de segundo, pero non fixeron falta palabras para poder entendernos. "The eyes never lie", como din por aí.
Os ollos, sempre os ollos... As miradas son as que nos delatan, son as que desnudan a nosa alma, aínda cando somos nós os que intentamos desnudar a realidade que estamos vendo.
Foi así como nos miramos, e puidemos ver máis alá de quenes somos por fóra, puidemos saber o que pensabamos, sólo cunha mirada.
Non podía deixar pasar unha oportunidade así de poder conocer a alguén con quen conectara tanto en tan solo un segundo, así que, despois de meditalo o suficientemente pouco como para non decidir que era unha idea terrible, acerqueime e dixenlle:
"Hola, si estou no certo, non necesito explicarche por que estou aquí falando contigo"
E, como non podía ser doutra forma, díxome:
"Mira tío, xa che vin as intencións con solo ver como me mirabas, e podes ser unha persona encantadora e todo o que queiras, pero eu son un puto cabalo, e, aparte de non querer nada cun humano opresor, a reforma de 2015 do Código Penal Español prohíbe expresamente o sexo con animales. Xa bastante temos con que se vos dea por subirnos enriba, que aínda imos ter que aguantar a supremacistas coma ti pensando que polo simple feito de ser homes xa tendes dereito a facer o que queirades con nós. Basta xa, 'iiiiihhhhiiiihh rffrffg' significa NON"
E así, con unha coz na cara, outra nas costillas, e outra na alma, largueime, e nunca máis volvín creer no amor a primeira vista.
Que pasa? Que che extraña que ao principio dixera que o texto non tiña nada que ver ca foto? Bueno, creo que non fai falta ser moi avispado para darse conta de que o cabalo da foto non é o mismo que o deste texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario