viernes, 26 de febrero de 2021

CXLVII

Un cyborg é todo aquel organismo que combina partes biolóxicas con partes tecnolóxicas. Ante esta definición, calquera persoa que use gafas, ou mesmamente roupa, pode ser considerada un cyborg en maior ou menor medida. Técnicamente Neil Harbisson foi o primeiro cyborg do mundo, pero hai un cyborg do que non se fala: Juan Carlos I.

Considerando todas as operacións que lle fixeron a ese señor, e todas as pezas de reposto que lle puxeron, cabe facerse tres preguntas:
1) De non ser por esa tecnoloxía, a súa vida veríase afectada dalgunha forma?
2)Aumentou esa tecnoloxía as súas capacidades como ser humano?
3)É acaso Juancar o español que máis aproveitou a seguridade social?
A primeira e a segunda respostanse soas: de non ser por esas movidas que lle implantaron, seguramente agora Juancar sería un cadáver enterrado nalgún lugar bonito de madrid cercano a un burdel. Tamén se pode considerar que ese montón de cadrís de titanio aumentaron as súas capacidades motrices, para pasar de esparrarse en dúas de cada tres aparicións públicas, a facelo só na intimidade do seu p̶u̶t̶i̶c̶l̶u̶b̶ palacio.
A terceira pregunta xa é máis complexa, xa que Juancar operase en clínicas privadas que contan coas mellores instalacións para operar famosos, pero se consideramos que todos os cartos de Juancar & family veñen de todos os españoles, non sería unha especie de seguridade social, pero para parásitos ricos?
Se cadra o que fixo a Juancar un ser con capacidades máis alá da súa condición humana non foron as operacións que lle fixeron, senon o simple feito de nacer na familia que lle tocou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...