viernes, 26 de febrero de 2021

CXXI

 En esta sociedade parece que está prohibido ter ilusións. E aínda está máis prohibido intentar conseguilas.

Ás veces parece que a xente non quere que ninguén destaque, que todos sexamos unha multitude gris e banal.
A gran maioría das veces que manifestamos algo que queremos ou que pretendemos ser, sempre vai haber alguén que che solte un "pero a onde vas flipado", ou calquer comentario que o único que busque sexa afundir as túas ilusións. É certo que soñar de máis acaba traendo decepcións, pero ás veces parece que as túas aspiracións teñen que ser deprimentes e grises coma as de todo o mundo, non vaia ser que teñas confianza en ti mesmo.
Por que se dis que fas algo ben, hai alguén que empeza a rirse e a burlarse de que fales das túas virtudes?
Que pasa, que só se pode falar dos defectos que temos? Está mal admitir que hai cousas que facemos ben?
Tal e como eu o vexo, hai moita xente que ten tanto medo de non cumplir as súas aspiracións, que as esconden e intentan ridiculizar as dos demáis.
Eso si, se algún día tes éxito e che van as cousas ben, non faltará xente que che diga que confiou en ti desdo principio, que xa sabían que ías chegar lonxe.
Así que a próxima vez que algún rapaz de 15 anos do teu insti suba a YouTube unha canción de rap que compuxo el, se non che gusta, non vaias por aí dicindo que é un matado e que non ten puta idea de nada. E digo esto porque eu tamén o teño feito, pero nunca é tarde para retractarse.
Se pensas que o mundo está cheo de miseria, non contribúas a extendela.
Nunca te parastes a pensar como sería o mundo se todos nos apoiásemos máis entre nós?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...