viernes, 26 de febrero de 2021

CXXII



Esta foto paréceme bonita. Non bonita como para ser portada de álbum dun cantautor español, nin siquera para ser portada dun deses CDs recopilatorios que podes mercar nunha estación de servizo nalgún punto da estepa da España profunda. Máis ben resúltame o suficientemente bonita como para que unha dona de corenta anos a poña coma foto de perfil en Facebook, ou mesmo unha páxina formada por donas darredor desa idade a modifique con unha frase do estilo de "Una amiga es aquella que entra cuando todo el mundo ha salido", e sexa compartida por señoras corentonas, e se comenten entre elas cousas coma " que bien. Te ves .guapa¡¡¡ un saludo a Josey la familia,,,".

Tamén me parece o suficientemente bonita como para que unha páxina ultra relixiosa mexicana a edite con unha frase en comic sans que diga "Jesús es mi guía y fortaleza. Siempre está conmigo, nunca falla", e se arme un debate enorme sobre a existencia de Deus e esas movidas.
Se cadra en este tema de fotos mediocremente bonitas de flores hai todo un mercado sen explotar. Poderiamos crear toda unha rede de imaxes e contas de Facebook para extendelas a modo de propaganda subliminal, e rematar creando un lobby de señoras corentonas, unidas baixo un lema coas puntuacións mal colocadas. Poderiamos copar o mercado da roupa artesanal de nenos, os cadros de punto de cruz con nomes para colgar nas habitacións dos cativos, ou mesmo paralizar a audiencia do "Sálvame". Non estou seguro de se fucionaría, pero dalgo do que si estou seguro é de que esta foto é o suficientemente bonita como para facerche dudar se é máis bonita a foto, ou o primeiro texto en galego normativo que escribo en Instagram.
Para todo o demais, MafiasCard

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...