Aquel día Herminia non podía máis.
Estaba tan estresada por 2° de bach que necesitaba un respiro. Aínda por riba, comera pulpo con patacas, e desde o día que seu pai marchara da casa pola ludopatía que arrastraba, e lle souberan a pulpo as patacas, sempre que comía pulpo se acordaba daquel día. Así que colleu a súa cámara e foi facer algo de fotografía macro, xa que en Maio había unha inmensa cantidade de bichos polinizando flores por Coia adiante. Porque si, Herminia era de Coia, e estaba saíndo con Gonzalo, un chaval co que se liara nas festas de Balaídos. Herminia estaba moi namorada do fulano, aínda que o chaval fose algo españolito e lle molase traducir todo ao español, como dicir "Coya" en vez de Coia ou chamarlle "Hola" ao trapero Kaixo. Hermi estaba tan namorada que incluso soñaba con escaparse da casa con Gonzalo, estilo Telma & Louise versión heterosexual. Pero por aquel entón, Hermi non sabía que o seu scuiso (recordemos que eran de Vigo), a raíz de escoitar algo de Machetazo, desarrollara unha coprofilia, tanto na vertente sexual, como na alimenticia.Para colmo, a Hermi non lle apetecía demasiado quedar con Gonzalo ese día, xa que o chaval jodera a man esquerda facía uns días caendo nas escaleiras da biblioteca, onde estudaba para os seus exames de ingeniería. E como Gonzalo era zurdo, non dispoñía de toda a axilidade manual que lle gustaría a Hermi.
Total, que alí estaba Hermi, alternando cámara para sacar fotos e móbil para escribir nas notas ideas que ía tendo para escribir poesía filosófica que subía a Instagram coa esperanza de que alguén a lese. Todo isto mentres un transportista chamado Antonio, que viña de entregar unhas cachimbas no estanco de Coia, a miraba e pensaba "Esta xuventude non fai máis que andar con maquinitas". Tanta rabia lle dou a Antonio vela, que se descoidou co acelerador, facendo que o turbo de xeometría variable lle metese un troncho de potencia ao motor, e fixese que o coche derrapara, levando por diante a pobre Herminia, deixando inacabada a súa poesía no bloc de notas que rezaba:
Bótote de menos
Como Denís a Fran
Lembrando cando
Eran máis nenos
Que o tempo
E a idade
Nos leven onde
O paraíso non ten
Fecha de caducidade
Que? Ninguén dixo que a Herminia se lle dese ben a poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario