viernes, 26 de febrero de 2021

CXX

 Tempo e espacio son solo magnitudes físicas. Aínda que moita xente o pense, non son imprescindibles en canto ao que personas se refiere.

É certo que, canto máis tempo pasas máis preto con unha persona, normalmente é cando máis queres a esa persona. Pero non é algo que se cumpla inexorablemente. Quero dicir, hai personas que en tres días que pasei con elas, me aportaron máis que outras en tres anos. Hai personas que vemos, se cadra, unha vez ao ano, polas que, tanto ti coma min, colleriamos un avión a Alicante, a Sebastopol, ou á península de Kamchatka. En cambio, hai personas que vemos tódolos días polas que nin cruzaríamos a calle sin ser por un paso de peatóns.
Non se necesitan tempo máis espacio para querer a unha persona.
Necesitas que che aporten tanto como ti lle aportas a elas.
Querer a alguén non depende do tempo que pasas con esa persona, sinon do espacio que percorrerías por pasar algo de tempo con ela.
PD: E daquí podemos derivar que querer a unha persona é espacio/tempo, polo que o amor mídese en metros/segundo
PD2: Querer a alguén non implica que queiras zumbarte a esa persona, é algo que aprendín fai pouco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...