Penso que as persoas que somos diferentes (ou que o intentamos) o temos jodido algunhas veces.
Refirome a que, a veces, parece que a sociedade intenta rexeitar todo aquilo que non se axusta a uns estándares establecidos. E isto resulta un follón cando o que diverxe dos estándares son as persoas.Non necesariamente ten que ser algo activo, máis ben é algo que está tan metido na mentalidade común que actúa de por si só.
Por exemplo, en España, se es un home e non che gusta o fútbol, vas estar apartado automáticamente dunha inmensa cantidade de situacións. E non porque alguén che discrimine por non gustarche o fútbol, senon porque a maioría comparte algo no que ti te diferencias. Ante esto, tes dúas opcións, interesarte por algo que non che gusta para buscar a integración, ou aceptar que a túa condición persoal che vai marxinar da maioría común.
E non é que pase só co fútbol, pasa con moitas outras cousas: música, moda, forma de ser etc
E con esto non quero dicir que ser distinto significa ser mellor que os demais, en absoluto. Simplemente digo que ten que gustarche moito ser diferente para aceptar levar a carga que supón ter que lidiar con certas situacións, que de por si solas non supoñen demasiado, pero que co paso dos anos acaba resultando molesto.
Ser diferente mola, pero, ás veces, molaría que fose a sociedade a diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario