E si che digo que tes casi 14000 millóns de anos?
Obviamente dirás que estou pirado, o cal non está moi lonxe da realidade.
Pero ao que iba: seguro que teus papis che dixeron que nacestes un día dun mes dun ano concretos, e que facendo un pequeno cálculo acabes deducindo a túa edad, o tempo que levas sendo unha persoa, pero... tamén é o tempo que levas existindo?
Pois técnicamente non, xa que a materia nin se crea nin se destrúe, polo que, de certo modo, os átomos dos que estás composto/a levan existindo o mesmo tempo que o Universo (algo menos de 14.000 millóns de anos)
E despois deste planteamento físico, pasemos á parte filosófica.
Que son 90 anos comparados con 14 mil millóns? Prácticamente nada, nin unha gota no maior dos océanos.
O tempo que nos tocou vivir non é nada comparado con todo o que levamos existindo. Non obstante, é un tempo que nos pertenece, un tempo do que somos donos, un tempo para que vivamos.
Así que pensa un pouco sobre o que disfrutas ese tempo tan corto que tes. Pensa en todo o que levas malgastado ata agora.
Mentras leías este texto pasaron... canto? 2 minutos?? En ese tempo puidestes chamar á túa nai e decirlle que a queres. En ese tempo puidestes reflexionar e decidir falarlle a esa persoa que tantas ganas tes de conocer. En ese tempo puidestes disfrutar un pouquiño máis da vida, pero en cambio estás aquí en Instagram vendo fotos de xente intentando chamar á atención e lendo a un chaval escribir de cousas das que non ten demasiada idea.
jueves, 5 de abril de 2018
LIV
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario