jueves, 5 de abril de 2018

XXX


Esto é un amencer. Con Pablo. Ás 7:15 da mañá un venres calquera en Vigo.
Menos mal que apenas se nos ven as caras, porque iba(mos) chuzado(s) a máis non poder.
E xa está, ves o Sol alzarse no horizonte e acabase ese momento, desvanecese coma un recordo non importante.
Se cadra damoslle demasiada importancia ao que pensamos ver, e non nos paramos a miralo dende outra perspectiva. No momento desta foto, en Barcelona era de día, e unha persoa levantábase perezosa da cama para ir traballar. Outra persoa volvía á casa en taxi despois dunha noite de festa. Pero nin en Barcelona estaba amencendo, nin a persoa do taxi estaba conmigo e mais con Pablo. Nin o sol se alzaba no horizonte, era a Terra, quen xiraba e nos daba esa impresión.
Os momentos non se viven, creanse na nosa mente para o seu recordo.
Se cadra chegou o "momento" de que penses en quen eres, que ques facer coa tua vida, e se crees que o estás facendo ben.
Se cadra chegou o "momento" de que penses en que pode haber alguén con quen conectes e non lle estes dando a importancia que se merece.
Se lle das importancia a un evento que ocorre tódolos días, por que non lle vas dar máis importancia a unha persoa coa que podes conectar?
Porque mañá volverá haber outro amencer, e pode que máis precioso.
Pero cando as persoas se van, rara vez volven.
Pénsao un momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...