viernes, 6 de abril de 2018

XCI

Alí estabamos, recordas?
Sentados frente ao solpor, en silencio. Eu sentíame un pouco ridículo por estar vivindo un momento tan idílico, tan peliculero, pero tan real ao mesmo tempo. Non sei como te sentías ti, pero pola túa cara, xuraría que non querías ir a ningunha outra parte, a ningún outro momento. Gozabas do momento que a vida nos trouxera, da compañía que alí, en silencio, nos facíamos un ao outro.
Recordo que pensei en abrazarche, pero non o fixen por medo estropear aquel solpor.
Recordo que pensei en bicarche, pero aquel solpor merecía ser observado todos e cada un dos segundos que duraba.
E o Sol rematou por poñerse, deixando paso ao luscofusco. Nese momento souben que nada dura para sempre, que todo remata, e máis alá só existe a morte. Naquel momento cambioume o semblante, e ti, coma se me leses o pensamento, dixéchesme: "Tranquilo, mañá volverá poñerse outra vez"
E prometo que nunca, despois de todo este tempo, vin o Sol poñerse coma aquel día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...