Eu son galego.
Aínda que o meu DNI asegura que son español.
Pero España pertence á Unión Europea.
Moita xente di que todos somos cidadáns do mesmo planeta, pero seguen existindo países, fronteiras, e colgados coma Trump querendo convertilas nun campo de tiro.
Pero que pasa co mar? O mar non é dos humanos, non está na nosa natureza vivir nel. Pode que teñamos barcos que surcan o mar, e que os árabes se enchan a illas artificiais cos seus petrodólares, pero é ben sabido entre os que somos da costa, que o mar é superior a nós.
E o aire igual, o aire non é de ningún ser humano, non existen putos muros no aire. Só podes ser libre se voas (ou xa postos se estás orbitando a Terra, pero non perdamos a cabeza). Se voas non necesitas DNI, nin unha bandeira que (non) che represente.
Creo que por eso se di que hai que deixar voar a imaxinación, porque sólo na nosa mente somos realmente libres.
jueves, 5 de abril de 2018
XXVIII
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario