jueves, 5 de abril de 2018

XLV

Sabedes que é o efecto mariposa non?
Esa teoría do caos que di que si unha mariposa bate as súas alas en Borneo, acaba desatando un tornado en Randall Springs, Alabama.
Se cadra este ejemplo é descabellado e un bichito pouco pode influir nun fenómeno meteorológico, pero si que explica ben a idea da teoría.
Parate a pensalo: un día pasanche voando 3h mentras buscas en Wikipedia cousas sobre avións, e ao día seguinte dislle a teu pai que xa non ques ser psicólogo, sinon que ques ser ingeniero, e cando te das conta estás estudiando en Vigo con xente que ahora forma parte da túa vida.
Un día teu irmán contache historias súper interesantes sobre o que fai en baloncesto, e unha semana despois, vendo a tele no salón dis "ma, quero apuntarme a baloncesto" para acabar deixandoo por ser un puto manta que se tira todos os partidos no banquillo.
Ahora pensa en todos os momentos insignificantes que che levaron a facer (ou non facer) grandes cousas.
Imaxíate aquela persona que un 11 de Setembro se quedou durmida e non foi ao seu traballo no World Trade Center.
Se o pensas, as decisións máis importantes da nosa vida tomámolas sen darnos conta da importancia que acabarán tendo. Eso é o que máis mola da vida, esa puta aleatoriedade que nos fai dudar de si mañá coñeceremos ao amor da nosa vida, ou se nos atropella un Vitrasa ao salir dunha rotonda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...