jueves, 5 de abril de 2018

XXIII

Si un día se che ocurre desenvolver unha actividade no teu garaxe que che reporte beneficios discretos e lonxe da vista do todopoderoso Montoro, podes optar por varias iniciativas: Cerveza casera, clases particulares a chavalitos de ESO, fundar unha empresa de Internet (así naceu Google) ou, como non, cultivar/procesar drogas.
Obviamente as drogas son o que máis cartos che dan, pero en canto pases a disfrutar medianamente dos ingresos da túa aventura emprendedora, xa terás á policía na porta da casa preguntando amablemente si poden pasar a botar un ollo.
O que podes facer (e que ninguén se espera) é obter Uranio 235 enriquecendoo cun sistema de centrifugadoras en cascada. Nada máis que tes que conseguir un pouco de mineral de Uranitita e darlle gas... Durante uns 4-5 aniños. En ese momento dispoñerás de suficiente Uranio como para venderllo a Corea do Norte, ao ISIS, ou mismo aos de Podemos, por un módico precio, permitíndolles así crear unha preciosa bomba atómica de fisión.
Hai que ter espíritu emprendedor, joder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...