jueves, 5 de abril de 2018

XLVI

Imagínate que un día es un tío que ao ir a unha tenda de roupa decide mercar un polo rosa.
Vas ao Instituto a cursar 4° de ESO con ese polo rosa e a xente rise de ti. Claro, estás en 2004 e a xente aínda non adoptou unha mentalidade máis aberta que a que dicta que os homes deben vestir con pantalóns adidas e unha cazadora slam.
Ti, acrecentado pola presión social da xente, acabas aparcando o Polo no armario sen pretender darlle máis uso.
E súbitamente, en 2014, os polos rosa poñense de moda entre a xente de a pé, e non eres ninguén se non tes un polo rosa.
Por que tiveches que esperar 12 anos para poder vestir algo que che gusta? Por que non podes vestilo cando che saia dos collóns? Eu, sempre que podo levo unha chaqueta do meu grupo de metalcore favorito a clase/ onde sexa, porque adoro esa puta chaqueta.
Se algún día se poñen de moda as chaquetas de Parkway Drive (cousa que dubido) eu levarei unha de August Burns Red, só polo simple feito de que me molan.
Cando eu iba en segundo da ESO, levaba ao Instituto unha gorra plana marca "lakai" que comprei en Santiago nunha tenda chamada "All The Fat".
Houbo moita xente que me criticou por non levar unha gorra de Valentino Rossi doblada a máis non poder. E deixei de levar esa gorra ao Instituto.
Hoxe en día, a xente viste polos rosas e gorras planas, e eu preguntome que foi o que cambiou. Por que eu non podo criticar algo que fai todo o mundo cando todo o mundo me criticaba a min por certas cousas?
A única conclusión que saco disto é que vivimos nunha sociedade hipócrita que só busca criticar a minoría, aínda que despois acabe sendo pasto das modas comerciais.
E ti, eres libre, ou sigues modas marcadas polos mercados textís?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...