A veces soño que son astronauta. Que floto dentro da ISS, fascinado polo diferente que é todo alí arriba. Polo feito de que non existan nin "arriba" nin "abaixo", por ter que comer comida envasada ao vacío quentada nun forno especial. Fascinado por ver 16 amenceres e 16 atardeceres cada día, e non cansarme de velos en ningún momento.
A veces soño que estou na miña casa, e nos bombardea un exército descoñecido, que Pepita a miña veciña ven asustada porque lle caeu unha bomba no cortello e lle morreron catro galiñas. Acto seguido, estou, sen saber moi ben como, pilotando un avión que despega da miña horta, e acabo en Kosovo bombardeando campos de remolachas.
A veces soño que estou dando un concerto no Main Stage do Resurrection Fest, con miles de fans cantando conmigo.
A veces soño con...
A veces soño que...
Sabes? Nunca soñei nada desto. As cousas que soño de verdade non as conto, porque calquera pode apoderarse dos teus soños, e torturarche con eles.
Soñamos con moitas cousas e persoas, pero ás veces non queremos que rematen os soños, porque non estamos seguros de se queremos enfrentarnos á realidade que cada día trata de arruinarnos eses soños, de tirarnos bombas de frustración sobre os nosos soños con forma de galiña.
Así que, si tes medo da realidade, constrúe un cortello subterráneo con paredes de aceiro, e verás como tes galiñas para toda a vida.
jueves, 5 de abril de 2018
LVIII
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario