Sales un día a pasear pola naturaleza e encontraste un toxo, e pensas "joder que planta máis fea", sigues andando e ves que o puto monte que tes ao lado da casa está cheo de toxos "normal" pensas, pois vives na Jalisia rural costeira, e o toxo é unha especie autóctona e bla bla
E sigues andando, e encontraste a Manolo o da corredoira cun matraquillo apañando fieitos mentras fuma a súa cajetilla diaria de Ducados. "Coma os seltas cortos non volverán a faser ninjún" quéixase Manolo. Ti paras a saludalo porque, como é do pueblo, hai que saludar, non vaian pensar que andas metido na droja ou aljo así. E Manolo empeza a darche a chapa de que ten un primo na América que emigrou nos 80 e que ahora vive moi ben ali porque ten unha tienda de bicicletas, e parece que teñen mercado. Tamén che fala de que seu tío estivo casado en Guadalajara, pero que cando tuvo fillos se mudou a algunha outra parte do interior.
Ti, como podes, cortaslle o rollo e tiras para a casa, porque tes que estudiar.
Anos máis tarde, cando a Guardia Civil vos desaloja a ti e a 64 universitarios dunha rave nun páramo perdido na estepa castellana poste a facer autostop, cagándote na vida de ocio universitaria. Resulta que che recolle un pavo bastante vello e curtido pola vida, que reconoce o teu acento en canto dis "hola, buenos días" e che conta que tiña un sobriño en Jalisia, que non é ninguén máis que o difunto de Manolo da Corredoira, que morreu dous anos atrás de cáncer de pulmón. E ti, aí na mitad da nada, lonxe de pensar que o mundo é un pañuelo, ou nos problemas derivados do tabaquismo, miras pola ventanilla e pregúntaste como pode ser que botes de menos os toxos. Co feos que son
viernes, 6 de abril de 2018
LXXX
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario