jueves, 5 de abril de 2018

XLVII

Quería ir máis alá. Quería sobresaír entre os demáis. Quería que a historia o recordase por facer algo memorable, algo polo que alguén, en algún momento en algún lugar falase del, recordando o seu nome.
Pero non bastaba con querelo. Tiña que loitar por conseguilo, e non iba ser a xente quen o axudase a acadar as súas metas. É así, se algunha vez tratas de facer algo que non se fixo antes, ou se lle dis a xente que pensas chegar lonxe, non che van dar ánimos. Sempre vai haber alguén que che diga "onde vas así?" sempre vai haber alguén que diga que o teu futuro está condenado a ser gris e banal coma o da multitude, a ser alguén máis do montón, cuxo único motivo de vivir é seguir adiante facendo exactamente o mesmo, esperando a que algo cambie dentro dunha rutina repetitiva.
Pero tamén vai haber quen che apoie en todo o que fagas, quen sempre che anime a seguir cara onde quixeches chegar. Se ques ser enxeñeiro/a, estuda para selo e olvidate do que di a xente de que "é moi difícil" e faille caso a quen che diga "saca a carreira ainda que che leve 8 anos"
Si quieres cantar en musicales para irte a Miami, inténtalo cuanto puedas. (Por que esta frase en castellano Bubi?)
Pero o máis importante, é que nunca perdas ese lume interior que che pide sacar todo o que levas dentro.
Never loose your flames.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...