Vouche propoñer unha teoría:
Por que existen os días da semana? Porque temos que dividir o tempo en periodos de 7 dias? Por que non 5, ou 3, ou ningún?
Seguramente dirás "é para organizarnos mellor", pero podemos organizarnos mellor en outros períodos, ou programar o que vaiamos a facer nos próximos días, sen importar que sexa "domingo" ou "martes"
Moitos vivimos as nosas rutinas agotadoras esperando a que dexa venres (ou sábado, ou xoves ou o que sexa) para ter un pequeno descanso, pero unha vez remata ese ansiado descanso temos que volver aos estudos, ao traballo, a... bueno, hai xente que non volve a nada. Pero o caso é que vivimos esperando un día concreto, cando podiamos vivir cada día sen esperar a nada.
Sei que sona moi "carpe diem, vive a base de soños, come aspiracións e bebe ilusión sen preocuparte das carencias nutricionales que acarrean!", Pero proba a imaxinarte unha vida sen días da semana
Unha vida onde non sepas en que día vives porque carece de importancia, coma eses días de verán onde che da igual que sexa luns ou martes porque non tes horarios que cumplir.
E aquí está a teoría:
E se nos tempos antigos da nosa civilización, as grandes elites inventaron os días da semana para manter as clases baixas traballando con unha meta ilusoria e repetitiva?? Unha meta que os fixese aguantar máis látigazos para poder chegar ao ansiado día de descanso?
Pensa iso a próxima vez que sexa domingo e che obriguen a ir á misa por ser "o día do señor"
jueves, 5 de abril de 2018
LI
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Advertencia
Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...
-
Un día meu pai díxome que os mariñeiros sempre viven dentro dunha tranquila incertidumbre, que che acostumbra a estar sempre alerta para can...
-
E si te vas? Lonxe Pero lonxe de "hostia puta onde foi dar este" Lonxe que a xente teña que imaginarse como é a túa cara porque...
-
Hai algo que me mola das personas: é moi difícil ocultar o que sentimos. En certo modo, todos intentamos ocultar certos sentimentos, xa sea...
No hay comentarios:
Publicar un comentario