jueves, 5 de abril de 2018

XXXV

Ahora que me flúe a mente, permíteme plantearche unha situación:
Onte, mentras conducía eu só cara Queiruga, douseme por pensar sobre a miña vida.
E dinme conta, de que a miña maior preocupación no verán é o que vou facer mañá. Absolutamente nada máis.
E isto levoume a pensar; Creo que son feliz, porque non teño ningunha preocupación que me faga pensar recurrentemente no mesmo tema. Entón, son feliz? Porque se non tes preocupación e non te paras a mirar a túa vida suponse que eres feliz, porque nada che preocupa.
Peero se sei que as cousas poden ir a mellor, son feliz? Suponse que a felicidade é algo insuperable.
Así que podes ser feliz sen acadar a felicidade? Ou como vai eso?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...