jueves, 5 de abril de 2018

I

Un home ascende ata o cumio dunha montaña. 
Cansado, mais feliz polo seu triunfo detense a descansar sen pararse a pararse a pensar en mirar ao redor. 
Cando mira ao redor, dase conta de que non acadou o cumio, senón unha pequena parada no ascenso.
E se ese fose o seu cumio?
E se non precisase seguir subindo, porque xa acadou a súa meta persoal?
Parvadas, pensa para os seus adentros. 
Conformarse é algo totalmente inhumano. 
O ser humano móvese pola ambición.
O home, resignado, colle o seu equipamento e emprende o camiño cara o cumio, sexa o definitivo ou non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia

Ola boas, chámome Fran e escribo textos. Si te dispós a ler este blog e non me coñeces, ou ben non tes nin idea do que fago en Instagram, p...